Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

EXITOSO TALLER DE PILOTAXE DE DRONS PARA RAPACES E RAPAZAS DE APNED EN BARREIROS

Data de publicación: 
venres, 9 Agosto, 2024 - 13:30

No día de onte, 8 de agosto, celebrouse un taller de pilotaxe de drons en Barreiros, no que participaron as rapazas e rapaces da Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Discapacidade da Mariña de Lugo (APNED).

Durante a xornada, os participantes tiveron a oportunidade de coñecer as partes fundamentais destas aeronaves non tripuladas, a normativa pola que se rexen as zonas de voo, e, por suposto, experimentar a emoción de pilotar drons nun circuíto deseñado especialmente para a ocasión.

Conforme avanzaba a xornada, os rapaces e rapazas superaban probas cada vez máis complexas, demostrando unha precisión crecente no manexo dos aparatos.

O evento contou coa presenza da alcaldesa do Concello de Barreiros, Ana Ermida, a concelleira de Servizos Sociais, Carmen Veiga, e a concelleira de Igualdade, Montse Porteiro.

Ana Ermida subliñou a importancia de dar a coñecer estas aeronaves non tripuladas dunha maneira lúdica, facendo fincapé en que "non se trata simplemente dun mero xoguete. Os drons xa se están a utilizar en moitos procesos de innovación empresarial e tamén ante emerxencias e controis de desastres, ao poder chegar de forma máis rápida e segura para facer un diagnóstico grazas ás súas cámaras. Moitas empresas precisan destas  ferramentas e de persoas profesionais para o seu manexo, polo que estas experiencias de pilotaxe de drons, aparte de potenciar as súas habilidades, o feito de comezar en idades temperás pode descubrir unha paixón e un futuro profesional."

A actividade foi organizada desde a aula CeMIT do Concello de Barreiros, que conta cun equipamento disruptivo co cal se trata de aumentar o interese da rapazada polas profesións tecnolóxicas.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ESTE DOMINGO, 19 DE XUÑO, EN BARREIROS MALASOMBRA PRODUCIÓNS REPRESENTA A OBRA D.E.P. UNHA COMEDIA DE MORTE.
BARREIROS ACOLLE UN CAMPUS DE BALONCESTO NA PRIMEIRA QUINCENA DE XULLO.
FUENTE PARGA RECOLLEU EN BASTIAGUEIRO AS SEIS BANDEIRAS AZUIS QUE LUCIRÁN OUTROS TANTOS AREAIS BARREIRENSES ESTE VERÁN.
ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DAS LETRAS GALEGAS 2016
BARREIROS CELEBROU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON TEATRO E CON MÚSICA O DOMINGO E O MARTES.

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 121
  • 122
  • 123
  • 124
  • 125
  • 126
  • 127
  • 128
  • 129
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte