Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

ERMIDA TRASLADA A AUGAS DE GALICIA A PREOCUPACIÓN MUNICIPAL POLA SITUACIÓN DOS SERVIZOS DE SANEAMENTO

Data de publicación: 
xoves, 26 Setembro, 2024 - 18:22

Alcaldesa e Concelleiro trasladaron o esforzo de investimentos realizado polo Administración Local, conscientes da necesidade de actuar dun xeito inmediato, constante e programado.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, acudiu acompañada do concelleiro de Medio Ambiente, Dámaso Ratoeira, a unha xuntanza co director xeral de Augas de Galicia, na que tamén participou o xerente do organismo.

A rexedora tiña solicitada esta xuntanza, ao igual que con outras instancias da administración galega, para trasladarlles unha situación na que se precisa “altura de miras e responsabilidade na xestión”.

“Non é só a situación actual, senón a que vai darse a medio prazo, coa reactivación da execución dunhas licencias que foron outorgadas sen a existencia de servizos e que condicionan a evolución real do municipio”, asegura.

Ana Ermida cualificou a xuntanza como “esperanzadora”, xa que “se abriu unha vía de diálogo e cooperación que agardamos que poida dar os froitos esperados”.

A alcaldesa manifestou ante o director xeral a súa preocupación por unha insuficiencia de servizos que “se xa é notable agora mesmo, vai ir a peor no momento en que se executen licenzas que foron autorizadas pola propia Xunta no seu día vinculadas a un investimento de 14 millóns de euros que non chegou a realizarse.” “Son licenzas concedidas e en vigor, cos condicionantes que se puxeron naquel momento e que vinculan a execución; sen que a normativa existente permita modificalas por parte deste goberno municipal”.

Ana Ermida explicou que os anuncios de obras novas non son máis que “retomar as obras que quedaran paradas arredor do ano 2007, executándose acorde ás licenzas que se concederon naquel momento e, polo tanto, ás normas técnicas vixentes entón.”

A depuradora de San Miguel, o epicentro da reunión.

Aínda que no decorrer da xuntanza se trataron diversas cuestións, tanto de saneamento como de abastecemento, o núcleo da mesma foi a construción da depuradora de San Miguel, por ser a que debera dar servizo a todas esas vivendas autorizadas no seu momento.

Ana Ermida destacou a actitude cooperadora do director xeral de Augas de Galicia e amosou a esperanza de abrir novas vías que poidan permitir acadar a financiación necesaria para acometer as obras.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL
A AULA CEMIT DE BARREIROS ACOLLERÁ O EXAME COMDIX DE NIVEL INICIACIÓN
BARREIROS LANZA A LICITACIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO TELECLUB DE SAN COSME
BARREIROS INICIARÁ NESTE 2026 AS CONEXIÓNS PEONÍS E CICLABLES COAS PRAIAS

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte