Un grupo de barreirenses realizaron o pasado sábado, 7 de maio, a cuarta etapa da peregrinación a Santiago a través do Camiño Primitivo.
O percorrido foi de 18 quilómetros entre Lugo e San Román da Retorta. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, contou que "foi un camiño sen demasiadas dificultades, pero cunhas vistas á natureza extraordinarias, sobre todo na serra do Careón, que divide as provincias de Lugo e A Coruña".