Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros, a través da súa Aula Mentor, abre o prazo de inscrición para unha nova convocatoria de cursos formativos en liña, totalmente gratuítos e dirixidos a persoas adultas que desexen mellorar as súas competencias profesionais e dixitais.
O prazo de matriculación manterase aberto ata o 10 de novembro.
As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información na Aula Mentor de Barreiros, a través do telf. 666.87.59.46 ou no correo barreiros@aulamentor.es. As prazas son limitadas e ocuparanse por rigorosa orde de inscrición.
Os cursos, cunha duración aproximada de 60 horas para facer en 2 meses a partir do 12 de novembro, impártense en liña e contarán con titorías personalizadas.
Nesta convocatoria os cursos ofertados son:
O Concello de Barreiros segue co seu compromiso de ofertar formación continua e en igualdade de oportunidades que permita á veciñanza do rural acceder a programas de aprendizaxe de calidade e sen desprazamentos.
A través da Aula Mentor e da Aula CeMIT de Barreiros búscase reducir a fenda dixital e fomentar o desenvolvemento persoal e profesional poñendo en igualdade de condicións ás veciñas e veciños de concellos pequenos fronte as persoas das zoas urbanas.