Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Convócase a contratación temporal dunha persoa para traballar na Oficina de Turismo do Concello de Barreiros durante 6 meses; do 25 de marzo ao 25 de setembro.
As persoas interesadas en formar parte da lista de aspirantes poden anotarse na Oficina de Emprego de Ribadeo ata o 20 de marzo.
Admisión de aspirantes: Citarase ás persoas que figuren no listado remitido pola Oficina de Emprego de Ribado para que se presenten nas oficinas municipais do Concello de Barreiros o xoves dia 21 de marzo de 2024, a partir das 10:00 horas, con toda a documentación que poda ser valorada conforme ao establecido nas bases da convocatoria.
BASES DA CONVOCATORIA PERSOAL PARA A OFICINA DE TURISMO 2024