Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

CARREIRA E ANDAINA POPULAR SOLIDARIA DE REIS ESTE DOMINGO EN BARREIROS

Data de publicación: 
mércores, 8 Xaneiro, 2025 - 13:50

Esta proba, que combina deporte e solidariedade, inaugura o circuíto +KmsBarreiros 2025, composto por un total de 6 carreiras que se celebrarán ao longo do ano en Barreiros.

O Concello de Barreiros organiza a súa tradicional Andaina e tamén a Carreira Popular Solidaria de Reis, que terán lugar este domingo, 12 de xaneiro, nas inmediacións do Centro Sociocultural de San Cosme.

A xornada dará comezo ás 10:00 horas coa entrega de dorsais. Ás 11:00 horas terá lugar a saída da andaina solidaria, cun percorrido de 9 km e unha dificultade media-baixa.

Posteriormente, realizaranse as probas infantís, organizadas por categorías e adaptadas ás distintas idades, que se sucederán a partir das 11:10 horas. Finalmente, ás 12:00 horas, dará comezo a carreira absoluta cun percorrido de 8 km.

Dani García, concelleiro de Dinamización e Participación Veciñal, destaca o carácter integrador e solidario desta xornada. "Este día celebramos moito máis que unha competición deportiva. Buscamos fomentar hábitos de vida saudables, apoiar causas sociais e crear un espazo para o encontro e a convivencia. Desde o Concello de Barreiros animamos a toda a veciñanza a participar e a desfrutar dun día que une deporte e solidariedade”.

As inscricións:

O prazo de inscrición está aberto ata este xoves, 9 de xaneiro, e pode realizarse a través da web www.maiskmsbarreiros.gal.

O total do importe recadado polas inscricións na andaina así como o aporte solidario obtido da carreira será doado integramente á asociación “Saúde Mental A Mariña”.

O circuíto +KmsBarreiros

A participación en calquera das probas do circuíto implica a inscrición automática na clasificación xeral de +KmsBarreiros. Para optar aos premios finais, as persoas participantes deberán completar, iso si, un mínimo de 4 das 6 carreiras programadas ao longo do ano. Ademais, o circuíto permite a creación de equipos, ofrecendo a oportunidade de competir conxuntamente e sumar puntos como grupo, o que fomenta o traballo en equipo e a camaradería.

Para máis información sobre as probas e o circuíto +KmsBarreiros, pódese consultar a web www.maiskmsbarreiros.gal ou descargar a app “Máis Kms Barreiros”. Tamén contactando co Concello de Barreiros.

García agradece a colaboración e apoio das asociacións implicadas: Protección Civil de Barreiros, A.D. Augas Santas, A.D. Praias de Comado e o Colectivo Cultural Ollomao, así como o apoio de empresas patrocinadoras que fan posible estes eventos.

 

Categorías:

  • Deportes
Otras noticias: 
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte