Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UN CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN PARA ESTA SEMANA SANTA
O Concello de Barreiros, desde a área de igualdade, organiza un novo campamento infantil baixo o programa +Concilia Abril como medida de conciliación familiar durante o período non lectivo de Semana Santa.
Trátase dunha actividade na que se ofertan 50 prazas e que se vai desenvolver no CEIP de San Cosme de Barreiros os días laborais comprendidos entre o 14 e o 21 de abril en horario de 9:30 a 13:30 horas. Poderán participar todas aquelas crianzas nadas do 01/01/2013 ao 31/12/2021.
As inscricións deberán presentarse no rexistro do Concello de Barreiros en horario de 9:30 a 14:30 horas ou a través da súa sede electrónica antes de que finalice o prazo, 2 de abril.
Participar neste programa terá un custo de 5€ para crianzas empadroadas no concello de Barreiros e de 20€ para as non empadroadas.
Os perfís e criterios de baremación pódense consultar nas bases do programa +Concilia Abril.
Documentación
Listaxe provisional de crianzas admitidas e excluídas
Listaxe definitiva de crianzas admitidas e excluídas