Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros organiza unha vez máis os esperados Campamentos de Verán para crianzas nadas entre o 01/01/2010 e o 31/12/2022.
Desenvolverase nos días laborais dos seguintes períodos:
+Concilia Xuño: do 23 o 30 de xuño do 2026.
Campamentos de verán: do 1 de xullo do 2026 ata o 31 de agosto do 2026, en quendas de 15 días naturais:
▪ Quenda 1: Do 1 ao 15 de xullo do 2026.
▪ Quenda 2: Do 16 ao 31 de xullo do 2026.
▪ Quenda 3: Do 3 ao 14 de agosto do 2026.
▪ Quenda 4: Do 17 ao 31 de agosto do 2026.
+Concilia Setembro: do 1 o 4 de setembro do 2026.
Ademais, para facilitar a conciliación familiar, amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30 h. para aquelas familias que o precisen antes do comezo oficial do campamento. Durante ese tempo, as crianzas serán custodiadas e vixiadas pero sen ter actividades programadas.
Trámites e prazos
▪ Solicitude de admisión (Anexo I): Dende a publicación destas bases ata o 1 de xuño.
▪ Publicación da lista provisional de admitidos/as en cada quenda: 9 de xuño.
▪ Reclamacións: 10 e 11 de xuño.
▪ Publicación da lista definitiva de admitidos e lista de agarda en cada quenda: 12 de xuño.
▪ Pago das quendas e Anexo II: 15 e 16 de xuño.
Documentación
Bases do programa +concilia Verán 2026
Anexo I - Solicitude +concilia Verán 2026
Anexo II - Solicitude formalización +concilia Verán 2026