Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros organiza unha vez máis os esperados Campamentos de Verán para crianzas nadas entre o 01/01/2011 e o 31/12/2019.
▪ Datas: 1 de xullo de 2023 - 31 de agosto de 2023
▪ Horario: 9:30h - 13:30h (de luns a venres)
As actividades desenvolveranse en quendas de 15 días naturais:
▪ Quenda 1: Do 1 ao 15 de xullo de 2023
▪ Quenda 2: Do 16 ao 31 de xullo de 2023
▪ Quenda 3: Do 1 ao 15 de agosto de 2023
▪ Quenda 4: Do 16 ao 31 de agosto de 2023
Ademais, para facilitar a conciliación familiar, amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30 para aquelas familias que o precisen antes do comezo oficial do campamento. Durante ese tempo, as crianzas serán custodiadas e vixiadas pero sen ter actividades programadas.
Trámites e prazos
▪ Solicitude de admisión (Anexo I): Dende a publicación destas bases ata o 9 de xuño.
▪ Publicación da lista provisional de admitidos en cada quenda: 14 de xuño.
▪ Reclamacións: 15 e 16 de xuño.
▪ Publicación da lista definitiva de admitidos e lista de agarda en cada quenda: 19 de xuño.
▪ Inscricións (Anexo II): do 20 ao 23 de xuño.
▪ Chamamento da lista de agarda: o 26 xuño.
Documentación
Instruccións xerais do campamento de verán
Autorización para a recollida das crianzas
ANEXO II. Folla de inscrición.
Listaxe definitiva de admisións e lista de agarda 19.06.2023
Listaxe provisional de admisión/exclusión 14.06.2023
Bases do campamento de verán 2023.
ANEXO I. Solicitude de admisión.