Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS SOLICITA UNHA AXUDA PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EDIFICIOS MUNICIPAIS

Data de publicación: 
martes, 19 Marzo, 2024 - 14:15

Prevé destinar máis de 22.000 euros á mellora do sistema de climatización da Escola Infantil e a instalar luminarias máis eficientes no Centro Sociocultural de San Cosme e nos Colexios Vellos de San Miguel.

Barreiros, 19 de marzo de 2024. O Concello de Barreiros vén de solicitar, con cargo ao Fondo Adicional de Cooperación Local do 2024, unha axuda para realizar diversas mellorar na eficiencia enerxética da Escola Infantil, o Centro Sociocultural de San Cosme e os Colexios Vellos de San Miguel.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata de “locais con moito uso e con necesidades importantes en materia de eficiencia enerxética que contribuirán non só a un aforro municipal, senón tamén a incrementar a confortabilidade das persoas usuarias.”

Así, na Escola Infantil levaranse a cabo traballos para a mellora do sistema de climatización, mediante a instalación de bombas de calor, que permitirán o mantemento dunha temperatura estable durante todo o ano. Ermida explicou que desde a chegada ao goberno se veñen realizando numerosos investimentos neste inmoble, “conscientes da importancia de que conte coa máxima seguridade e confortabilidade posible”, como a realización dunha instalación eléctrica integral e a súa legalización no primeiro ano de goberno, para corrixir unha deficiencia da que poderían derivarse importantes responsabilidades, ou diversas actuacións nos cerramentos exteriores e o patio.

 Con esta medida, continúase na liña de mellorar a conformtabilidade para as persoas usuarias -tanto crianzas como persoal da escola- ao tempo que se pretende a redución do gasto público e de combustibles fósiles. O importe para o que se soicita a axuda é de 9.951,04 euros.

Investimentos en locais sociais en San Cosme e San Miguel.

Continuando a liña de investimentos que xa se teñen realizado en varios locais sociais das diferentes parroquias, como a legalización das instalacións eléctricas ou a dotación do sistema de calefacción nos Colexios Vellos de San Miguel que foi posta en marcha por este goberno municipal, prevese nesta ocasión unha actuación para a que se solicita axuda por importe de 12.520,99euros para a substitución de todas as luminarias do Centro Social de San Cosme (onde se inclúe a biblioteca municipal) e dos Colexios Vellos de San Miguel.

Ana Ermida manifestou que se trata de “locais sociais que teñen un uso practicamente continuado durante toda a semana e polos que discorren centos de persoas nas diversas actividades que se levan a cabo neles. Por esta razón, é prioritario facer os investimentos precisos para tratar de que súa iluminación sexa o máis eficiente posible, reducindo custos e, ademais, mellorando as propias condicións lumínicas.”

As actuacións previstas con abeiro á axuda solicitada consisten no cambio de toda a instalación eléctrica a sistemas LED que permiten unha redución de gasto público tanto nos consumos como no mantemento,a o tempo que se consegue unha maior eficiencia na propia iluminación.

O total da axuda solicitada con cargo ao fondo adicional de cooperación local para este ano ascende a 22.472,03 euros, que cubriría a totalidade das actuacións a realizar nos tres inmobles municipais.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte