Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
    • Como chegar?
    • Praias
    • Montaña
    • Patrimonio
    • Camiño Norte de Santiago
    • Sendeirismo
    • Hostalaría
    • Gastronomía
    • Festas
    • Galería multimedia
    • Vídeo Barreiros queda en ti
    • Vídeo promocional
    • Descargas
  • Contacto

BARREIROS SOLICITA ESTUDAR ALTERNATIVAS MENOS AGRESIVAS PARA A ESTABILIZACIÓN DA PRAIA DE ALTAR

Data de publicación: 
luns, 26 Abril, 2021 - 16:52

Barreiros, 26 de abril de 2021. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, reuniuse na mañá de hoxe coa subdelegada do Goberno en Lugo, acompañada da tenente de alcaldesa, Carmen Veiga; onde trasladaron directamente o contido do informe emitido polo Concello de Barreiros ao proxecto de estabilización da praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental.

O informe emitido polo Concello de Barreiros conclúe que  “é precisa a reformulación do tipo de solución a adoptar para estabilización da Praia de Altar e a incidencia que se produza na zona do estuario do Masma. Neste sentido, non se considera oportuno neste momento a posta en marcha da tramitación administrativa tendente á execución do “proxecto de estabilización da Praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental”, por consideralo excesivamente duro no impacto que poida producir na zona a outros niveis. Considérase máis oportuno, se procede, o estudo e realización doutras alternativas menos agresivas a nivel medioambiental e paisaxística, aínda sendo conscientes da fraxilidade e/ou provisionalidade de ditas actuacións; como pode ser o imprescindible dragado dunha zona ampla do estuario e  o estudo da posibilidade de aproveitamento da area extraída no mesmo.”

No escrito presentado, que recolle o sentir unánime da corporación barreirense, exponse que “o feito de que o proxecto tomado como base veña temporalmente de anos atrás, supón que as modificacións sociais ou colectivas que se puideron producir – que sen dúbida se produciron e máis se cabe nun municipio coma Barreiros, que foi obxecto dunha transformación de modelo socioeconómico con evidentes consecuencias- non se teñan referenciadas ou tidas en conta en dito plantexamento. De feito, con posterioridade a ditas datas, sobre a zona de Altar e o seu sistema dunar, téñense deseñado plans medioambientais de protección  –por exemplo no caso da píllara das dunas- que non se contemplan inicialmente no proxecto presentado.

É por isto, polo que o período de información oficial e exposición pública foi notablemente convulso, pois a perspectiva que recolle o proxecto non se adecúa ás expectativas ou preocupacións sociais actuais.”

A alcaldesa agradeceu a receptividade amosada ás apreciacións presentadas tanto pola subdelegada do Goberno coma polo xefe do servizo provincial de Costas e valorou “o diálogo aberto e a disposición a adoptar a mellor decisión posible nunha problemática tan complexa como é a regresión da costa e as súas consecuencias a todos os niveis.”

Ficheiros: 

Informe Concello de Barreiros - Proxecto estabilización Altar.pdf

Informe Concello de Barreiros - Proxecto estabilización Altar.pdf

Media Folder:

  • Media Root

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS FINALIZA A PLANTACIÓN COA QUE AMPLIARÁ A ZONA DE FRAGA AUTÓCTONA DO SANTO ESTEVO
O CONCELLO DE BARREIROS PON EN MARCHA O PROXECTO AULA MENTOR
O CONCELLO DE BARREIROS PON EN MARCHA A ESCOLA DE FAMILIAS CON CRIANZAS DE CERO A DOCE ANOS
OFERTA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE 3 PEÓNS FORESTAIS
BARREIROS ORGANIZA O MES DAS LETRAS CO II RECITAL VERSOS NA BAIXAMAR COMO ACTIVIDADE CENTRAL

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte

Turismo

  • Como chegar?
  • Praias
  • Montaña
  • Patrimonio
  • Camiño Norte de Santiago
  • Sendeirismo
  • Hostalaría
  • Gastronomía
  • Festas
  • Galería multimedia
  • Vídeo Barreiros queda en ti
  • Vídeo promocional
  • Descargas