Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros mellora a capacidade de resposta ante unha emerxencia sanitaria ao poñer a disposición un desfibrilador semiautomático externo (DESA) compartido entre o pavillón polideportivo e o ximnasio municipal.

Coa recente reforma do ximnasio municipal habilitouse unha enfermaría para ambos espazos onde estará a disposición o DESA no caso de emerxencia xa que se trata dun local visible, accesible e próximo ás zonas de maior risco ou tránsito tanto do pavillón como do ximnasio.
O DESA é un aparato electrónico portátil sinxelo de manexar que identifica e trata a parada respiratoria. O seu uso ven demostrando que incrementa a posibilidade de superar un accidente cardiovascular.