Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS RECEPCIONA A MOTO DE AUGA PARA O SERVIZO DE SALVAMENTO E PROTECCIÓN CIVIL

Data de publicación: 
luns, 25 Novembro, 2024 - 14:14

Ademais da moto, o Concello adquiriu equipamento como remolque, padiola, plataforma para a auga, funda para a protección da moto e chalecos para as persoas ocupantes.

O Concello de Barreiros recibiu no día de hoxe a moto de auga e equipamento que adquiriu para complementar os servizos de salvamento e socorrismo, así como apoio á actividade da Agrupación de Persoas Voluntarias de Protección Civil.

A alcaldesa, Ana Ermida, amosouse satisfeita de “ter conseguido este equipamento que dá unha maior efectividade e axilidade aos servizos de salvamento e protección civil que se prestan desde o Concello e nos que levamos anos procurando mellorar os medios dos que dispoñen.”

Ana Ermida sinalou que no próximo verán, ademais da moto, agardan poder ter dispoñibles dúas zodiacs para as labores de vixiancia e salvamento da costa barreirense.

A rexedora lembrou a importancia de contar con medios modernos e adecuados para os servizos de emerxencias e nese sentido puxo en valor que xa “é unha realidade a dotación da moto de auga, despois de anos de xestión e busca de financiación para poder contar con ela.” Ermida agradeceu o traballo realizado tanto polo persoal de salvamento e socorrismo como pola agrupación de Protección Civil que “fan que Barreiros camiñe cada día con máis firmeza nas actuacións de emerxencias e conte con máis e mellores medios que nos sitúan na vangarda en casos de intervencións.”

Na entrega participaron membros da Agrupación de Persoas Voluntarias de Protección Civil e do Servizo de Salvamento e Socorrismo. Tamén acudiron o delegado territorial de Presidencia, Xustiza e Deportes, Javier Nodal; e Daniel Díaz e Manuel Fernández Meilán, do Servicio Provincial de Emerxencias.

A adquisición da moto e o equipamento supuxo un investimento de 22.670,47 euros, do que 20.000 euros foron sufragados por medio dun convenio entre o Concello e a Dirección Xeral de Emerxencias.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
A XUNTA DE GALICIA, A TRAVÉS DO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E A EMPRESA PÚBLICA XESTUR OFRECE SOLO EMPRESARIAL EN BARREIROS CON IMPORTANTES DESCONTOS
COMEZAN ESTE SÁBADO, 9 DE XULLO, AS VIAXES CULTURAIS EN AUTOBÚS POLO CONCELLO.
A PRAZA DO SOUTO ACOLLE ESTE SÁBADO, 9 DE XULLO, DOUS ESPECTÁCULOS DENTRO DO PROGRAMA VIVE O CAMIÑO, DA XUNTA.
DESPOIS DE NOVE ETAPAS, REALIZADAS OS SÁBADOS, CONCLUÍU EN SANTIAGO A PEREGRINACIÓN DUN GRUPO DE VECIÑOS E VECIÑAS DE BARREIROS QUE PERCORRERON O CAMIÑO PRIMITIVO ENTRE FONSAGRADA E COMPOSTELA.
ESTES DÍAS INICIASE A SEGUNDA FASE DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA LU-133 AO SEU PASO POR VILAMAR E CABARCOS.

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 134
  • 135
  • 136
  • 137
  • 138
  • 139
  • 140
  • 141
  • 142
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte