Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS PROMOVE A PRÁCTICA DEPORTIVA E OS HÁBITOS SAUDABLES NO ALUMNADO DO COLEXIO SAN MIGUEL DE REINANTE CUN OBRADOIRO DA XIMNASTA CANDELA MARTÍNEZ

Data de publicación: 
xoves, 22 Outubro, 2026 - 14:03

➤ O acto está inserido no proxecto «Vivir o mar» que promove un modelo de benestar integral entre a poboación infantil e xuvenil do concello de Barreiros con obradoiros educativos nos colexios do municipio.

➤  Candela Martínez foi a protagonista deste segundo  e terceiro obradoiro do proxecto «Vivir o mar» tras o realizado polo cociñeiro Javier Montero o pasado luns no colexio San Cosme que se centrou en sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da alimentación saudable.

Barreiros, 22 de outubro de 2026. A ximnasta rítmica Candela Martínez Bobo foi a convidada principal no colexio San Miguel de Reinante do segundo obradoiro divulgativo e educativo do proxecto «Vivir o Mar: Produto Local e Deporte no Litoral de Barreiros», que promove un modelo de benestar integral entre a poboación infantil e xuvenil  nos colexios do municipio.

A ximnasta sénior do clube coruñés María Barbeito, subcampioa de España o ano pasado, foi contar a súa experiencia co deporte ao alumnado de 1º e 2º de primaria do colexio San Miguel de Reinante para promover a práctica deportiva, reforzar os hábitos de vida saudables e fortalecer o vínculo das novas xeracións co medio ambiente e coa identidade costeira do municipio.

Candela Martínez puxo a mover a todos os nenos e nenas de primaria do colexio San Miguel de Reinante e trasladoulles «a importancia de primar sempre o respecto polas normas do xogo e polo adversario en todos os deportes», así como a importancia de «axudar a un compañeiro que se cae para despois continuar co xogo».

Nun ton moi didáctico, a ximnasta coruñesa díxolle aos nenos que se chegan primeiros á meta «hai que animar aos compañeiros e compañeiras que aínda están por chegar». Uns valores de respecto que a Candela transmitiu en todo momento, sexa no deporte, nas competicións, nos xogos ou na vida en xeral.

Candela Martínez tamén fixo fincapé na súa charla da importancia de que os nenos e nenas «comecen agora xa a practicar deporte e facer unha vida activa porque é unha inversión na súa saúde para medrar sans e fortes». Así tamén os animou a «divertirse co deporte, especialmente o que se pode facer na praia: voleibol, palas, brilé, fútbol, natación, surf...».

Na visita ao colexio de San Miguel de Reinante, a ximnasta estivo acompañada da alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, que tamén lle transmitiu aos nenos e nenas que «o que aprenden e coñecen neste proxecto «Vivir o Mar» deben transmitilo na casa, para que toda a familia faga actividades ao aire libre, que é moi bo para a saúde».

 

Máis obradoiros ata final de ano

Tras as sesións de onte impartidas pola ximnasta rítmica Candela Martínez quedan aínda por realizar 5 máis antes de que remate o ano. Desenvolveranse nos dous centros educativos do concello, San Cosme e San Miguel de Reinante, con sesións didácticas dirixidas a sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da alimentación saudable e do deporte para ter unha vida sá.

O obradoiro impartido é o segundo dos oito que están previstos para este ano, e  terán continuidade o ano que vén. Tras este, seguiranlle outros o luns 26 e o martes 27 de outubro tamén no colexio San Miguel de Reinante e rematarán o luns 2 de novembro, con sendas charlas no colexio de San Cosme e de San Miguel de Reinante, que contarán coa participación activa do cociñeiro Javier Montero e da ximnasta rítmica e investigadora Candela Martínez Bobo.

 

Outras actividades do proxecto

Ademáis dos obradoiros, o proxecto «Vivir o Mar» tamén organizará dous certames escolares sobre hábitos de vida saudable, uns concursos dirixido ao alumnado co obxectivo de fomentar a reflexión sobre a alimentación equilibrada, a práctica deportiva e a importancia do sector pesqueiro local. As propostas presentadas serán avaliadas e difundidas, promovendo a participación activa da comunidade educativa e a sensibilización das familias.

O proxecto inclúe tamén a participación na “Carreira das Praias”, en colaboración coa organización da proba, para a que se deseñará un percorrido adaptado á participación infantil e xuvenil, acompañado de sesións preparatorias da edición 2027 nos centros educativos. Esta actividade permitirá promover a práctica deportiva no litoral, reforzar os hábitos de vida saudables e fortalecer o vínculo das novas xeracións co medio mariño e coa identidade costeira do municipio.

As actividades ligadas ao proxecto «Vivir o mar» contan cun orzamento de 35.446,95 euros, financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e pola Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) galegos do FEMPA 2021-2027.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
SERVIZOS SOCIAIS RECOLLE ALIMENTOS EN VARIOS PUNTOS PARA AS FAMILIAS MÁIS NECESITADAS DO MUNICIPIO E PON EN MARCHA, UN ANO MÁIS, A CAMPAÑA “UN NENO, UN XOGUETE”
REMATADO O CURSO DE MANEXO DE SMARTPHONES IMPARTIDO NA AULA CEMIT DE BARREIROS
VILAMARTÍN GRANDE DISPÓN DUNHA NOVA MARQUESIÑA DE MADEIRA QUE DARÁ SERVIZO TANTO A ESTUDANTES QUE COLLEN O BUS COMO AOS PEREGRINOS DO CAMIÑO NORTE
O CONCELLO ORGANIZA O VINDEIRO 19 DE DECEMBRO UNHA FESTA DE NADAL DIRIXIDA ÁS NENAS E NENOS DO MUNICIPIO
Posta en marcha do novo portal web municipal

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 150
  • 151
  • 152
  • 153
  • 154
  • 155
  • 156
  • 157
  • 158

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte