Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se está a celebrar estes día en Madrid para reforzar a imaxe do municipio como unha alternativa de natureza e deporte dentro da Mariña.
O representante municipal, acude á cita cunha axenda que inclúe reunións con axencias de viaxes especializadas en turismo sostible, coa Asociación Soy Ecoturista coa que se atopa traballando a Mancomunidade da Mariña e participará na reunión de integrantes da Rede Pueblos del Surf.
García sinala que se trata de contribuír a “posicionar a Barreiros e ao conxunto da comarca como un destino para calquera época do ano, vinculando as visitas ao territorio e ás actividades que se poden desenvolver no mesmo”.
O concelleiro barreirense, que – na súa calidade de deputado de Rural na Deputación de Lugo- tamén se reunirá con entidades que se atopan promocionando as razas autóctonas galegas na feira internacional, asegura que “pretendemos consolidar ese turismo coñecedor do medio que visitan, do seu territorio, da súa cultura, da súa sociedade e das súas xentes. Un turismo que, polo tanto, respecten o lugar a onde chegan e contribúa a xerar un valor intrínseco coa propia actividade turística.”
Neste sentido, Dani García enmarca o lugar de Barreiros na Mariña como “ese concello que aporta paisaxe, natureza, historia e valor patrimonial. Un lugar no que as persoas que o visitan quedan para sentir esa cultura mariñá e para adentrarse nun territorio que descubrir desde outra ollada, cheo de riquezas e valores que lle aportan un plus á súa visita á Mariña.”
Barreiros, tamén acudirá á presentación da campaña estreada pola Mancomunidade de Municipios da Mariña baixo o título: “A Mariña, un viaxe á identidade” coa que se pon en valor ese turismo de benestar e consciente no que Barreiros é unha peza fundamental.