Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DAS RUTAS NO VERÁN

Data de publicación: 
xoves, 3 Xullo, 2025 - 12:44

O Concello de Barreiros organiza un ano máis un programa de roteiros para os meses de xullo e agosto, cos que pretende dar a coñecer ás persoas visitantes perspectivas diferentes do municipio, amosando a grande diversidade que conflúe no seu territorio.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “estas rutas están deseñadas para promocionar as partes menos coñecida do municipio, poñendo en valor paisaxes e actividades propias do territorio e fundamentais no desenvolvemento de Barreiros.” O que se pretende é que “quen nos visite poida coñecer realmente a onde está vindo e a vida ambiental, social e económica que hai en Barreiros, lonxe de promocionar unha imaxe asociada puramente ao turismo tradicional de sol e praia.”

Así, estas andainas lévannos á costa, quizais unha parte moi coñecida; pero poñendo o foco no inmenso valor ambiental que se agocha tras as súas praias. Adéntranse tamén na zona  interior, amosando e poñendo en valor  importancia do labor dos/as gandeiros/as nesta comarca. E visítanse tamén puntos puramente turísticos, pero cambiando a visión para centrala nos valores culturais e patrimoniais que se atopan das súas parroquias ou na maxia e a importancia dos espazos naturais.

As rutas programadas para este verán, iniciaranse o 12 de xullo, cunha ruta xeolóxica polo litoral, guiada por Fran Canosa. Esta ruta repetirase o 28 de xullo e o 12 e 27 de agosto.

A ruta “Unha granxa de premio”- visita á granxa Mantoño Holstein, terá a súa primeira edición o 17 de xullo, repetíndose o 30 de xullo e o 14 e 28 de agosto.

Haberá dúas saídas guiadas ao Espazo Natural do Santo Estevo do Ermo, os días 19 de xullo e o 23 de agosto. E outras dúas centradas na historia e o patrimonio da parroquia de San Miguel, os días 26 de xullo e 9 de agosto.

As persoas interesadas poden obter toda a información na páxina web de turismo municipal www.barreirosturismo.gal (sección “Actualidade e Axenda”), onde tamén deberán realizar as inscricións previas, sen as cales non se poderá participar nas mesmas.

Para ampliar a información ou calquera dúbida poden contactar coa oficina de Turismo Municipal, ou no teléfono: 982 134 400.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte