Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS PECHA O 2024 CON TODOS OS INDICADORES ECONÓMICOS EN POSITIVO

Data de publicación: 
venres, 11 Abril, 2025 - 14:31

O remanente de tesourería supera os 280.000 euros, sendo o máis alto dos últimos vinte anos.

O goberno municipal de Barreiros deu conta no pasado pleno da  aprobación da liquidación do orzamento de ano 2024. Tras atopar uns resultados orzamentarios nos anos 2018 e 2019 con todos os indicadores en negativo, chegando a acumular un remanente negativo de máis de 575.000 euros e unha débeda de máis do 45% do orzamento no ano 2017, a economía barreirense comeza a ver luz.

A alcaldesa, Ana Ermida, manifestou a satisfacción polo “traballo ben feito” e amosouse orgullosa de que este goberno municipal fora quen de mellorar de tal xeito os resultados sen que se viran afectados os servizos. “É mais, sinalou, estanse a poñer en marcha servizos, actividades e espazos que nunca existiran en Barreiros; tendo un concello dinámico e cheo de vida para desfrute da veciñanza.”

Ermida explica que “esta situación só foi posible pola responsabilidade á hora de xestionar os cartos públicos, actuando con criterio, priorizando e tendo claro que a nosa función e facer de Barreiros un lugar mellor para vivir e do que a veciñanza estea orgullosa.”

“Cremos na potencialidade de Barreiros e estamos aquí para sacala a flote e non para aproveitarnos da situación. Este goberno está demostrando, non só a capacidade de gobernar e xestionar, senón o proxecto que ten para facer un Barreiros do futuro no que todo o mundo gañe. E non só uns poucos”, manifestou.

Neste sentido sinalou a importancia de ter realizado esta xestión económica que permite agora mesmo estar traballando en proxectos e investimentos que coa situación económica anterior non eran posibles.

A rexedora sinala que, con estes datos, Barreiros respira e, se as normas económicas que marca o Estado o permiten, o remanente de tesourería podería dedicarse a investimentos, como se podería ter feito anos atrás de ser este indicador positivo. “Agora toca aproveitar todo o esforzo feito para que fructifiquen eses proxectos que era imposible pensar en Barreiros hai uns anos”, asegurou.

Os datos económicos do ano 2024 veñen a pechar unha etapa de varias décadas no que a economía municipal nunca acababa de despegar, mantendo sempre indicadores en negativo.

Así o explicou no pleno o concelleiro de facenda Antonio Veiga, que deu conta dunha liquidación na que o resultado orzamentario é de máis de 56.000 euros, o resultado económico supera os 264.000 euros e contan cun remanente de tesourería de máis de 280.000euros. Ao tempo, a débeda municipal descendeu ao 10,58% do orzamento.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DAS RUTAS NO VERÁN
BARREIROS ACOLLE A VINDEIRA SEMANA UN CURSO SOBRE MELLORA XENÉTICA DOS APIARIOS, IMPULSADO POLA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN
BARREIROS COMPLETA A FORMACIÓN DO CADRO DE SOCORRISMO PARA ENTRAR NA TEMPADA ALTA
COMEZA O PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO PARA A TEMPADA 2025-2026
O CLUB DE LECTURA PECHA ESTA TEMPADA CUN CAFÉ-COLOQUIO ACOMPAÑADOS DO ESCRITOR XABIER PAZ

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte