Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS PARTICIPA NA CAMPAÑA DE VISUALIZACIÓN DA BANDEIRA GALEGA EN ESPAZOS PÚBLICOS PROMOVIDA POLA PLATAFORMA VÍA GALEGA

Data de publicación: 
venres, 22 Novembro, 2024 - 14:25

Realizarase un acto de izado da bandeira galega o vindeiro sábado 23 de novembro ás 13:00 na Praza do Souto, en San Miguel de Reinante.

O Concello de Barreiros será escenario principal na Mariña dos actos de izado da Bandeira Galega, promovidos pola Plataforma Vía Galega. O vindeiro sábado 23 a Praza do Souto, en San Miguel de Reinante, acollerá o acto de izado deste símbolo galego con afán de permanencia. Farase a partir das 13:00 horas, aínda que inicialmente estaba previsto para as 12:00.

A alcaldesa, Ana Ermida, sinala a “importancia de dar visibilidade aos símbolos que nos representan en espazos públicos, contribuíndo a un maior coñecemento da nosa historia e a sementar o amor por este País, en pé de igualdade con outros do mundo.”

A proposta recibida desde Vía Galega sinalaba a praza do Souto como un lugar idóneo, pola proximidade da casa natal de Antón Moreda, fundador do Consello da Mocidade Galeguista e un símbolo para todas as persoas que aman este País; ao igual que a efeméride que se conmemora da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala en Lugo.

Recollendo esa proposta, o Concello de Barreiros, habilitou un mastro para a colocación da Bandeira Galega, que ondeará permanentemente nunha praza que é especialmente simbólica na historia local e na que se están levando a cabo actuacións tendentes a convertela nun espazo que acumula os recordos e o cariño da poboación local.

Ermida fai un chamamento á participación neste acto a todas as persoas que se senten parte e levan a Barreiros e, polo tanto, a este País no corazón e que  fan parte orgullosa da sociedade galega.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte