Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS LANZA A LICITACIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO TELECLUB DE SAN COSME

Data de publicación: 
venres, 16 Xaneiro, 2026 - 11:01

O proxecto ascende a un total de 914.105,01 euros para o que as empresas poderán presentar ofertas por medio da plataforma de contratación do Estado ata o 12 de febreiro.

O Concello de Barreiros vén de publicar a licitación da obra de rehabilitación e recuperación do Teleclub de San Cosme para destinalo a albergar un proxecto de dinamización social e económica.

A alcaldesa, Ana Ermida, sinala que “este proxecto é un dos máis ansiados polo goberno municipal e sae adiante despois dunha ardua labor de adecuación do mesmo, estudo e busca de financiamento que faga viable recuperar o seu uso como un dos epicentros da parroquia e do municipio.”

A rexedora explicou que con estas obras crearán o primeiro espazo de traballo cooperativo, cunhas instalacións modernas e adecuadas ás necesidades de persoas autónomas ou pequenos negocios que poidan necesitar dos servizos que ofrece un espazo deste tipo. Ao mesmo tempo, a planta alta adecuarase para o seu uso social, destinado a entidades que traballen no ámbito social, cultural, deportivo ou asimilado e que poidan precisar espazos de reunión, traballo ou almacenamento.

“O teleclub de San Cosme é un símbolo para toda a parroquia que o construíu con aportacións veciñais e que criou varias xeracións sendo o centro social e cultural de referencia”, explica. “Por iso este proxecto é tan especial, porque se trata de recuperar un espazo do pobo para o pobo.”

A obra, que ascende a preto do millón de euros, consiste na adecuación das dúas plantas do local para dotalas de espazos destinados a asociacións e tamén para albergar un espazo de traballo cooperativo na planta baixa. Igualmente, conserva a existencia dun espazo para cafetería que permitiría converter dito local nun centro de sociabilización e dinamización económica, situándoo no epicentro da parroquia que ten sido anos atrás. Estas obras son compatibles co mantemento da Aula Cemit que se atopa actualmente nese edificio e coa pista de skate creada por este goberno para o desfrute da mocidade. “Deste xeito, este lugar será referencia para toda a poboación, teña a idade que teña”, asevera Ermida.

O proxecto, redactado inicialmente no 2020 e para o que se obtivo un préstamo do IGVS que o Concello de Barreiros xa está devolvendo; tivo que ser revisado a raíz do incremento de prezos sufridos no sector da construción e das novas adecuacións técnicas. Neste sentido, o custo total do mesmo case se duplicou, pasando de 513.235,85 a 914.105,01 euros.

Para o seu finanzamento total, o Concello de Barreiros vén de asinar un convenio coa área de Rural da Deputación de Lugo por un importe de 500,928,88 € que complementan os 413.176,13 € dos que dispón xa o concello para ditas obras.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte