Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS CONTARÁ CUN MIRADOR E NOVO EQUIPAMENTO NA PRAZA DE REINANTE

Data de publicación: 
luns, 27 Abril, 2026 - 13:50

A alcaldesa, Ana Ermida, anunciou na mañá de hoxe que o Concello de Barreiros vén de lograr unha subvención para completar as actuacións feitas no ano pasado na Praza de Reinante.

Neste caso, “trátase de obras para poñer en valor a parte alta da pista, desde onde hai unhas vistas impresionantes, e que non estaba adecuada para usar.”

Ermida explicou que se instalará unha pérgola de madeira baixo a que se colocarán mesas e bancos, un xogo infantil e elementos decorativos como macetas e farolas ou aparcabicis e papeleiras. Ademais, instalarase iluminación en toda a zona, soterrando o cableado que pasa por diante da Praza, mellorando as vistas e repararase o acceso a esa parte alta mediante a adecuación dun acceso peonil con elementos de seguridade.

A alcaldesa mostrouse especialmente entusiasmada con este proxecto no que “levamos tempo traballando e que completa as actuacións de mellora da Praza feitas o ano pasado, cun convenio coa Vicepresidencia da Deputación”.

Ana Ermida admite que “é un espazo moi especial que foi construído pola propia veciñanza e que merece ser recuperado para o seu uso desde o respecto e a posta en valor de todo o patrimonio que a rodea. Ademais, trátase do único espazo público que existe nesa parroquia para poder crear un lugar de esparexemento e socialización”.

Do orzamento presentado inicialmente, que superaba os 80.000€, serán subvencionados con cargo ás subvencións convocadas pola Xunta para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en zonas rurais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (DOG núm 37, do 21 de febreiro), algo máis de 72.000€.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte