Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Carta da alcaldesa de Barreiros, Ana Belén Ermida Igrexas:
Quero compartir contigo unha nova que me fai especial ilusión: despois de 6 anos de goberno no que traballamos intensamente para sacar a flote a economía municipal, neste ano os números comezan a acompañarnos. Por este motivo, tal e como tiñamos en mente desde o primeiro momento, imos recuperar o Encontro da 3ª Idade; que tan bos momentos nos ten feito pasar e que tanto anos leva sen celebrarse en Barreiros.
Esta xuntanza pretende ser unha festa de recoñecemento ás nosas persoas maiores, que co seu traballo e esforzo tanto teñen feito por este Concello. Por iso a recuperamos con vocación de permanencia para que as persoas maiores de Barreiros conten co seu día anual de celebración.
Nesta ocasión, propoñemos un xantar na carpa que se situará na Praza do Concello o xoves 27 de novembro coa seguinte programación:
12:45. Recepción das persoas participantes por parte das autoridades.
13:00hs. Concerto benvida co Coro Airiños do Mar, de Barreiros.
14:00hs. Xantar. Empanada, pulpo e codillo. Postre, café e chupito.
A continuación baile con actuación en directo, durante a que haberá outras sorpresas.
Co fin de contribuír á celebración deste evento e para evitar perxudicar en exceso as arcas municipais, o xantar terá un custo de 15€ para as persoas xubiladas empadronadas. Se quixeran vir acompañadas de persoa non xubilada e/ou non empadronada, o custo a abonar pola persoa acompañante será de 35€.
Para a retirada de tarxetas debe realizarse o ingreso da cantidade que corresponda na conta do Concello de Barreiros ES48 3070 0028 9711 3826 3825 de Caixa Rural, facendo constar nome e apelidos. “Encontro 2025” e acudir ás oficinas xerais municipais co certificado de ingreso.
O prazo para a retirada das tarxetas é o venres 21 de novembro ás 14:00hs.
Agardando poder contar coa túa presenza neste día de encontros e celebración, recibe unha afectuosa aperta.
