Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS APROBA O SEU ORZAMENTO COA VISTA POSTA NA CONSTRUCIÓN DA EDAR EN SAN MIGUEL

Data de publicación: 
mércores, 14 Agosto, 2024 - 15:29

Nos case 5,3 millóns de euros de orzamento que manexará o Concello de Barreiros, o goberno municipal prevé a adquisición dos terreos para a instalación da EDAR.

O Goberno de Barreiros vén de aprobar no pleno do pasado luns sen votos en contra o maior orzamento municipal da súa historia por importe de 5.299.343,99€.

Entre os investimentos aprobados, a rexedora destacou os destinados á adquisición dos terreos para a construción da nova EDAR en San Miguel, “non polo importe, senón polo simbolismo de poñer a primeira pedra para facer realidade tan demandada e necesaria infraestrutura”. Ana Ermida defendeu que o feito de contemplar este investimento nos orzamentos demostra que os goberno municipal está a poñer todo da súa parte para acadar o obxectivo final no que levan traballando o primeiro día e no que continuarán demandando a implicación do resto de Administracións.

Neste sentido, a alcaldesa informou que xa ten solicitada desde o mes de xullo unha reunión coa nova conselleira de Medio Ambiente para tratar esta cuestión, estando á espera de resposta á mesma.

Entre os investimentos previstos priorízanse os relativos á rede viaria cun importe de máis de 550.000 euros; a equipamentos públicos, como colectores de lixo ou alumeado público, cun investimento de máis de 104.000 euros ou os relativos ás redes de saneamento e abastecemento de auga, con máis de 63.000€ de investimentos novos, aos que deben sumarse os 668.500€ incluídos para mantemento e subministro destes servizos.

Ermida cualificou estes orzamentos como “realistas e axustados ás necesidades dun municipio de 3000 habitantes que está asumindo o dimensionamento duns servizos que deberían estar feitos antes de promocionar un modelo de crecemento habitacional que non se corresponde coa capacidade do mesmo.”

O financiamento municipal, debate necesario e urxente.

A rexedora introduciu tamén a necesidade de “abordar con seriedade o modelo de financiamento municipal no seu conxunto e, especialmente, dos municipios galegos, que levan anos soportando unha posición de infrafinanciación na participación nos tributos do Estado o que sitúa á Administración Local Galega no seu conxunto como grande prexudicada con respecto a outros territorios.” Tamén recalcou a necesidade de “camiñar cara a un reparto de fondos entre administracións adecuadas ás competencias reais na prestación de servizos e ás necesidades sociais, xa que a dependencia dos concellos de recursos achegados desde outras administracións constrinxe de tal xeito que a falta de instrumentos  financeiros equitativos e non arbitrarios por parte das administración supramunicipais, cunha estrutura metodolóxica na asignación de fondos que permitan aos concellos rurais maior flexibilidade e manexabilidade dos seus recursos, para maior liberdade e autonomía na xestión dos mesmos, provoca de facto a redución drástica de posta en marcha de proxectos ou políticas propias. Neste sentido, a participación nos impostos recadados por outras Administracións (autonómica ou estatal) debe realizarse por medio de instrumentos áxiles, que descarguen aos Concellos de burocracia innecesaria e que aseguren o coñecemento previo das cantidades obxectivas coas que conta cada administración local. Así, o Fondo de Cooperación Local debería reforzarse e converterse no instrumento de financiación preferente por parte da Administración Galega aos Concellos, eliminando outros instrumentos que debilitan os principios de igualdade e obxectividade que deben rexer o reparto de fondos públicos entre Administracións.”

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS NAS EXPLOTACIÓNS
TEATRO NO CENTRO SOCIOCULTURAL PARA ESTE DOMINGO
NOVA EDICIÓN DO CAMPUS DO CELTA DE VIGO EN BARREIROS
O MERCADIÑO NA PRIMAVERA DE BARREIROS VOLVEU ENCHER UNHA EDICIÓN MÁIS A PRAZA DO CONCELLO
CAMPAMENTO DE VERÁN 2025

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte