Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS AMPLIA A REDE DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA COA ENTREGA DE 30 COMPOSTEIROS

Data de publicación: 
venres, 7 Febreiro, 2020 - 09:16

O Concello de Barreiros vén de xestionar con SOGAMA a entrega de 30 composteiros domésticos que pon a disposición daquelas persoas que queiran participar no programa promovido pola sociedade ambiental para a redución de residuos orgánicos nas vivendas, minorando a cantidade de lixo depositada nos contedores xenéricos, e a contribución a minimizar o excesivo uso de fertilizantes químicos mediante a obtención de compost orgánico.

Abertas as listas para anotarse para a entrega de composteiros durante o mes de febreiro.

Desde o Concello manteñen abertas as listas, ata o 28 de febreiro, para que as persoas interesadas poidan anotarse para recibir os composteiros, que se entregarán nun acto formativo que terá lugar no mes de marzo. 

A entrega realizarase por estrita orde de anotación, para o que se debe chamar ao 982.12.40.02 facilitando nome, enderezo onde se situará o composteiro e número de teléfono.

Fomentar a compostaxe doméstica: reducir residuos para alimentar a terra.

Mediante o incremento do programa de compostaxe doméstica, o Concello de Barreiros pretende incidir na necesidade de reducir os residuos que se depositan no contedor verde xenérico, ao tempo que se pode obter un composto que se utiliza como acondicionador de solos en xardíns e hortas das vivendas que os fabriquen.

Desde a concellería de medio ambiente explican que para facer “compost” só se precisa un pequeno espazo na horta ou xardín e que nel poden depositarse restos orgánicos como froita, verdura, cascas de ovo, pousos de café, restos de poda, follas ou céspede.

Dámaso Ratoeira insiste en que “calquera persoa pode obter este produto e pode contribuír a reducir residuos, de xeito que os custos tanto económicos como ambientais da xestión do lixo se poden ver notablemente mellorados con un pequeno xesto.”

Xunto cos composteiros, entregarase un manual elaborado por SOGAMA para a realización da compostaxe doméstica e tamén se organizará unha xornada formativa no mes de marzo para aclarar calquera dúbida que poida existir.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
PRESENTADAS AS ACTIVIDADES DO MERCADIÑO DE PRIMAVERA DE BARREIROS
PROGRAMA FSE+ DE ASISTENCIA MATERIAL BÁSICA (PROGRAMA BÁSICO)
O CONCELLO DE BARREIROS TRASLADA O SEU APOIO ÁS FAMILIAS DO CEIP DE SAN COSME E PÍDELLE Á XUNTA CLARIDADE A RESPECTO DAS DECISIÓNS QUE ADOPTE
CONVOCADO O CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO LETRAS GALEGAS 2026
BARREIROS CONTARÁ CUN MIRADOR E NOVO EQUIPAMENTO NA PRAZA DE REINANTE

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte