Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS ABRIRÁ EN MAIO UN RENOVADO XIMNASIO MUNICIPAL

Data de publicación: 
mércores, 2 Abril, 2025 - 19:31

O pleno do xoves aprobará as ordenanzas para o funcionamento do mesmo, adaptadas á nova realidade da instalación.

Barreiros contará desde o vindeiro mes de maio cun ximnasio municipal moderno, dotado de nova maquinaria e cun sistema de acceso que permitirá unha ampla dispoñibilidade horaria.

Para amosar o seu funcionamento e promocionar o seu uso, o Concello prepara para o vindeiro mes de maio xornadas de portas abertas e actividades de fomento da actividade física e de hábitos de vida saudable, onde a maiores de descubrir este renovado servizo municipal, as persoas usuarias poderán coñecer da man de distintos profesionais todos os beneficios que conleva a actividade física.

Obras de reforma integral para subsanar unha instalación deficiente.

O concelleiro de dinamización veciñal, Dani García, explica que “a instalación presentaba múltiples deficiencias que provocaron o peche no seu día polo incumprimento das mínimas condicións técnicas esixidas para a actividade.” Despois do estudo de distintos proxectos de reforma do espazo e da busca de financiamento para acometer as obras, desde o goberno local optouse por “unha reforma integral, mellorando a accesibilidade e creando novos espazos de uso compartido co pavillón municipal como son a enfermería, almacén, a recepción e baños adaptados, dos que carecían ambas instalacións; dando cumprimento así ás normativas técnicas e creando espazos deportivos funcionais e modernos, acordes cos tempos”, afirma.

Ademais, afrontouse a renovación do 100% dos equipamentos e máquinas do ximnasio, o cal mellora en calidade e cantidade as potencialidades das salas, que serán reorganizadas en función das zonas de cardio, musculación, peso libre e adestramento funcional. Contará tamén cun chan renovado, melloras a nivel acústico e de illamento no teito e novos espellos que posibilitará a realización dos exercicios dunha forma máis controlada.

Esta importante obra súmase ás acometidas na instalación deportiva (que inclúe o pavillón municipal) nestes últimos anos como foron a sustitución integral da cuberta que presentaba múltiples goteiras, a renovación da iluminación da pista que era insuficiente e a instalación dun portalón de acceso directo á pista por motivos de seguridade.

A financiación da obra foi posible grazas á importante colaboración da vicepresidencia de Deputación de Lugo cunha achega de  144546,42€, que se complementou cunha subvención obtida polo Concello de 54.546,42€ nunha convocatoria da Xunta de Galicia, que incluía 44.546,41€ para obras e 10.000€ para maquinaria.

O Concello aportou máis de 20.000€ de fondos propios e asume a renovación da

maquinaria non subvencionada. 

Unha ordenanza municipal adaptada á nova instalación

No vindeiro pleno do Concello de Barreiros aprobarase a nova ordenanza de uso e fiscal que regulará esta renovada instalación con prezos reducidos para persoas empadroadas e na que se detallará, entre outras cousas, a forma de acceso á instalación.

Categorías:

  • Deportes
Otras noticias: 
BARREIROS PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DAS RUTAS NO VERÁN
BARREIROS ACOLLE A VINDEIRA SEMANA UN CURSO SOBRE MELLORA XENÉTICA DOS APIARIOS, IMPULSADO POLA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN
BARREIROS COMPLETA A FORMACIÓN DO CADRO DE SOCORRISMO PARA ENTRAR NA TEMPADA ALTA
COMEZA O PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO PARA A TEMPADA 2025-2026
O CLUB DE LECTURA PECHA ESTA TEMPADA CUN CAFÉ-COLOQUIO ACOMPAÑADOS DO ESCRITOR XABIER PAZ

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte