A alcaldesa enviou no mes de agosto unha carta ao Presidente da Xunta, á que non obtivo resposta e reiterou as demandas á conselleira de infraestruturas hai unhas semanas.
Estes días tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros ao xornalista galego, Martín Fernández Vizoso, natural de Cangas de Foz, que nos agasallou con exemplares dos seus libros, A Mariña en Cuba e Memoria de Mariñáns.
O Concello de Barreiros continua programando actividades culturais de outono coa obra de teatro O menciñeiro á forza que será representada polo grupo de teatro de Alfoz “Os pícaros de Lagoa”.