Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Polo pleno do 23 de novembro de 2020 acordouse deixar sen efecto de forma inmediata todas as cesións de uso de locais existentes nos edificios afectados polas obras que se van acometer en breve (Praza do Concello e Teleclub de San Cosme) por razóns de seguridade xa que as obras son incompatibles con calquera outro uso destes edificios.
Dáselle ás entidades ou asociacións que se podan ver afectadas por este acordo un prazo ata o 31 de decembro de 2020 para que podan retirar as súas pertenzas destes locais. Unha vez transcorrido este prazo procederase a retirar polo concello todo o que estea neses locais e a desaloxar os mesmos sen facerse responsable do que haxa neles.
En Barreiros, a 1 de decembro de 2020.
A alcaldesa
Ana Belen Ermida Igrexas