Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

ANTONIO LÓPEZ, REITOR DA USC, NOMEADO EMBAIXADOR DE BARREIROS

Data de publicación: 
luns, 23 Agosto, 2021 - 09:42

Este sábado 21 de agosto ás 12:00h no Concello de Barreiros tivo lugar o nomeamento de Antonio López, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela e natural de San Xulián de Cabarcos, como embaixador de Barreiros para a promoción do Camiño de Santiago ao seu paso polo devandito concello. No acto estivo acompañado por Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros, e membros da corporación local.

A alcaldesa na súa intervención trasladou o “orgullo de todo o pobo de Barreiros por contar entre os veciños con Antonio López ao frente dunha das institucións máis importantes deste País” e cualificou o acto “non  só como un recoñecemento á súa persoa, unha mostra de afecto do seu pobo que ten o orgullo de contar con el e coa súa valía. É tamén un xeito de recoñecer o seu traballo e a súa dedicación ao ensino público, á posta en valor das universidades públicas deste País que levan centos de anos formando xeracións de galegas e galegos que agardemos que algún día, poidan deixar todo o aprendido neste País.”

Ana Ermida trasladoulle o agradecemento “por seguir traballando para que a Universidade de Santiago de Compostela, con máis de 500 anos de historia, siga facendo posible que as fillas de costureiras, de labregos, de obreiras accedamos, se o desexamos a estudos universitarios.”

O proxecto ‘O Camiño a Bocados-My way’ da Asociación AXEL, pretende promocionar os diferentes camiños ao seu paso por Lugo e forma parte do programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia.

‘O Camiño a bocados’ quere poñer en valor a gastronomía e o patrimonio natural e cultural das zonas que percorre a ruta xacobea a través de accións promocionais difundidas en plataformas como redes sociais ou blogs. A proposta incluiu tamén o nomeamento de persoas como embaixadoras nos concellos de Samos, Castroverde, Trabada, Baleira, Lourenzá e Triacastela.

O proxecto pretende que se promocione o Camiño de Santiago ao seu paso por diferentes territorios, e tamén o patrimonio natural, cultural e gastronómico dos mesmos. Así, ademais de recoller a figura que se lles entrega aos embaixadores, Antonio López recibiu un carolón, doce típico de Barreiros, de mans da alcaldesa.

A figura que recibiu Antonio López, é obra de María Sánchez Castedo (Ceniza de Papel), a obra representa a natureza pola que descorren as distintas rutas e contén no seu interior un medallón que simboliza a experiencia persoal e particular das persoas que fan o Camiño, daí que non haxa dúas iguais, porque cada persoa sente e percorre o Camiño á súa maneira.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PON EN MARCHA UNHA APP DIRIXIDA ÁS FAMILIAS DE PERSOAS USUARIAS DO SAF
BARREIROS INVESTIRÁ MÁIS DE 54.000 EUROS PARA PODER ABRIR A CAFETERÍA DO CENTRO SOCIAL DE SAN COSME
BARREIROS NOTIFICA A PROPIETARIOS DE PLANTACIÓNS IRREGULARES A OBRIGA DE RETIRALAS ANTES DA TEMPADA DE MÁXIMO RISCO DE INCENDIOS
BARREIROS PRESENTASE EN FITUR BAIXO A OLLADA DA SÚA XENTE
O PUNTO LIMPO MÓBIL SITUASE EN CABARCOS

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte