Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A Consellería de Política Social e Igualdade, convoca a concesión de prazas para as persoas pensionistas que desexen participar no programa de Benestar en Balnearios para o ano 2025.
Poderán participar no nomeado programa, as persoas residentes en España que reúnan algúns dos seguintes requisitos:
a)Ser maior de 60 anos ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema de Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b)Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c)Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
d)Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
e)Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
f)Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
As solicitudes deberán ser presentadas antes do 16 de xullo de 2025.
Para maior información, así como para tramitación de solicitudes, no departamento de servizos sociais (horario: de 10:00 h. a 14:00 h.) ou a través da seguinte ligazón https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/benestar-...