Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO CAMPAMENTO DIXITAL EN BARREIROS

Data de publicación: 
luns, 1 Xullo, 2024 - 11:59

Dirixido a mozas e mozos de 13 a 17 anos, levarase a cabo do 22 de xullo ao 9 de agosto na aula CeMIT de Barreiros.

30 horas de formación gratuíta para adolescentes, sobre buscar e filtrar información, benestar dixital, privacidade, crear contido, procura de emprego, entre outros.

O Concello de Barreiros ofrece un Campamento Dixital, do 22 de xullo ao 9 de agosto na aula CeMIT de Barreiros para a mocidade de 13 a 17 anos. Un campamento gratuíto de 30 horas en competencias dixitais, con contidos adaptados a cada idade e formadores especializados.

Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado pola Unión Europea- Next Generation EU.

Aprenderán a buscar información valiosa na internet, hábitos saudables, pensamento crítico para identificar noticias falsas, profesións emerxentes, así como competencias dixitais para a procura de emprego, entre outros.

No Campamento Dixital deberán ir completando etapas e misións para acadar logros. E así, en cada aventura irán adquirindo novas competencias dixitais para utilizar Internet e as ferramentas dixitais de forma útil, creativa, segura e responsable.

Ao finalizar, as e os participantes recibirán un certificado DigComp que lles acredita os coñecementos e competencias adquiridos na utilización das Tecnoloxías da Información e as comunicacións dentro do marco europeo.

O Campamento Dixital levarase a cabo na aula CeMIT de Barreiros do 22 de xullo ao 9 de agosto en horario de 11:00 a 13:00 horas. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse na propia aula CeMIT os martes e xoves de 9:30 a 14:30 horas ou os resto de días na Casa do Concello no mesmo horario ata o 8 de xullo.

 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
PRETO DE 160 PERSOAS ACUDIRON AO ENCONTRO DE EX ALUMNOS, PROFESORES E TRABALLADORES DO COMPLEXO DE BENQUERENCIA
A XUNTA DE GOBERNO APROBOU AS OBRAS A INCLUÍR NO PLAN ÚNICO E DEU TRASLADO DO ACORDO Á DEPUTACIÓN DE LUGO.
CLAUSURADOS OS CURSOS DE INTERNET CELEBRADOS NA AULA CEMIT DE BARREIROS
A V CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS TERÁ LUGAR EN BARREIROS O 28 DE MAIO. ESTE ANO ESTREASE UN NOVO PERCORRIDO PARA OS ADULTOS. A PROBA FOI PRESENTADA
EL 29 DE ABRIL TENDRÁ LUGAR EN BARREIROS UN ENCUENTRO DE ANTIGUOS ALUMNOS/AS, PROFESORES Y TRABAJADORES DEL COMPLEJO DE BENQUERENCIA

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 113
  • 114
  • 115
  • 116
  • 117
  • 118
  • 119
  • 120
  • 121
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte