Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

A relación entre produción local e saúde, a debate o xoves 17 de febreiro en Barreiros

Data de publicación: 
mércores, 16 Febreiro, 2022 - 14:48

O vindeiro xoves 17 de febreiro, María Ángeles Romero Rodríguez, Catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos da Universidade de Santiago de Compostela, analizará a relación entre saúde e produción alimentaria de proximidade. Será ás 19.30 horas, no Local social de San Cosme, en Barreiros (Lugo).

Dende numerosos campos de coñecemento e ámbitos profesionais -nutricionismo, veterinaria, agricultura e gandería, etc.- existe o consenso en torno á importancia de incluir na dieta alimentos de tempada e proximidade, xa que axuda a manter un mellor estado de saúde. Coa investigadora e directora da Cátedra do Pan, analizaranse os beneficios que trae o consumo de produtos de proximidade, non só como mecanismo para mitigar o uso de enerxías fósiles no transporte, se non tamén como xeito de ter unha vida máis sá. Fortalecer as canles curtas de comercialización ou venta directa permite tamén protexer ás pequenas producións locais, o que fai que a persoa consumidora poida coñecer a orixe dos alimentos que consume e lograr así unha maior autonomía, en tanto a dependencia co exterior se reduce.

Esta xornada pública é unha actividade máis da Estratexia Alimentaria Participativa Eo Alimenta, que ten como obxectivo pensar colectivamente como acadar unha alimentación máis sostible, máis achegada á terra e, en definitiva, máis próxima. Ao longo do 2021 e o 2022 estanse celebrando sesións internas e públicas no territorio fronteirizo que baña o río Eo para pensar de xeito colectivo cales son as dificultades e/ou alcances dunha estratexia alimentaria territorial de base local.

A Estratexia Alimentaria Participativa do Eo é impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela, e conta na rede de socios co Concello de Ribadeo, o Concello de Vegadeo, o Concello de Castropol, o apoio do Concello de Barreiros, e o Sindicato Labrego Galego, a Fundación Edes-Finca el Cabillón, O GDR Oscos Eo, o GDR Terras de Miranda e conta, ademais, co financiamento da prestixiosa entidade franco española Fundación Daniel e Nina Carasso. A web www.eoalimenta.org vai recollendo todos os pasos que se van dando nesta pioneira estratexia alimentaria participativa.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR AS OFERTAS PARA A CUBERTA DO PAVILLÓN DE BARREIROS
RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS NAS EXPLOTACIÓNS
O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA OBRADOIROS DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR NOS DOUS CENTROS ESCOLARES
BARREIROS INICIA UN NOVO PROGRAMA DE APOIO ÁS FAMILIAS CON PERSOAS DEPENDENTES
BARREIROS CREARÁ DÚAS BIBLIOTECAS RURAIS NAS PARROQUIAS DO INTERIOR DO CONCELLO

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte