Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Estes días tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros ao xornalista galego, Martín Fernández Vizoso, natural de Cangas de Foz, que nos agasallou con exemplares dos seus libros, A Mariña en Cuba e Memoria de Mariñáns.
Marín Fernández Vizoso estudou Filosofía e Letras e ciencias da Información nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. Natural de Cangas-Foz, foi profesor do Centro de Estudios Superiores Numen, en Madrid, (1975-1985), delegado de La Voz de Galicia e director de Radiovoz e Onda Cero en Lalín, (1985-2000). Publicou os libros El Comentario de Textos, asimilación e sentido crítico, Fomento de la Instrucción Gallega e Los Centros de la Emigración Pontevedresa en Buenos Aires, entre outros de autoría colectiva.
Nestes libros, Fernández Vizoso, fai un repaso de tódalas sociedades e centros de emigrantes da Mariña en Cuba. Conta as historias de persoas emprendedoras, valentes e comprometidas coa súa terra e a súa xente. Recupera a gran historia da historia ignorada evitando que estas persoas caian no tan común esquecemento.
Os exemplares xa están a vosa disposición na #BibliotecaPúblicaDeBarreiros e animámosvos a consultalos posto que neles podedes atopar información sobre as cinco #sociedades de #emigrantes de #Barreiros creadas en #Cuba: o Centro de Benquerencia, a sociedade Hijos de Benquerencia, Hijos de San Miguel y Reinante, Hijos de Cabarcos e Hijos de la villa de Barreiros.
Coñeceredes o que foi o asociaonismo galego en Cuba e atoparedes información doutras sociedades da Mariña pertencentes aos concellos de #Ribadeo, #Castropol, #Vegadeo, #APontenova, #Trabada, #Lourenzá, #Mondoñedo, #Foz, #OValadouro, #Alfoz, #Burela, #Cervo, #Xove, #Viveiro, #Ourol e #OVicedo.
Memorias de Mariñáns é un compendio de crónicas dominicais nas que recolle historias de persoas que viviron entre a parroquia de aquí e a da acolá e que foron publicadas por Martín Fernández, de outubro de 2015 a decembro de 2020, en La Voz de Galicia como poden ser a de "Los Fernández Rocha, tabaqueros de Reinante entre los más ricos de Cuba en 1958", "Somoza, el periodista de Barreiros que apoyó a las desvalidas mujeres emigrantes" o "Los Casal, una relevante saga del mundo cultural de Uruguay con origen en Ribadeo" entre outras.
Agradecerlle a Marín Fernández a súa xenerosidade e bo facer por manter viva a memoria da emigración.