Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A ACTUACIÓN DE OS BOLECHAS SERÁ O COLOFÓN DA PROGRAMACIÓN DO NADAL EN BARREIROS. OS FAMOSOS BONECOS ESTARÁN NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE SAN COSME O 7 DE XANEIRO.
A programación do Concello para este Nadal recolle ademais das tradicionais recepción a Papa Noel e a Cabalgata de Reis a actuación de Os Bolechas o 7 de xaneiro. As actividades foron presentadas hoxe polo alcalde, Alfonso Fuente, a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, e o concelleiro de Xuventude e Deportes, Adrián Blanco.
O rexedor anunciou que “hoxe presentamos aquí en Barreiros, acompañados da concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, e do concelleiro de Xuventude e Deportes, Adrián Blanco, as actividades que vai haber durante o Nadal para nenos e maiores. O venres, día 23, desde as catro e media ata as oito e media, haberá inchables e recepción por parte de Papa Noel. Haberá obradoiros e logo remataremos con churros e chocolate para todos os nenos e maiores que se queiran achegar. Será no pavillón municipal de San Cosme”.
O rexedor barreirense engadiu que “antes dese día temos este domingo, día 18, Lyricas en Galicia, que é unha actuación musical no centro sociocultural, a partir das seis da tarde. Unha actuación moi interesante para poder asistir, van estar unha pianista e unha soprano dunha calidade importante. Eu creo que non se debería perder”.
Alfonso Fuente continuou relatando que “teremos a tradicional cabalgata de reis o día 5 de xaneiro, como ven sendo costume en San Cosme”. E subliñou que “como prato forte, e xa para pechar esas vacacións de Nadal, o día 7 de xaneiro no pavillón municipal van estar Os Bolechas. Veñen facendo unha xira por toda Galicia que rematan aquí en Barreiros. Vai haber obradoiros, actividades para os nenos, e sobre todo compartir a tarde desde as catro e media ata as oito e media cos seus bonecos televisivos, Os Bolechas”.