O Concello de Barreiros, a través da Delegación de Medio Ambiente, organiza a Romería de Santo Estevo do Ermo, que se celebrará o vindeiro sábado, 7 de xullo.
Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Aínda non se creou contido para a páxina principal.
O Concello de Barreiros, a través da Delegación de Medio Ambiente, organiza a Romería de Santo Estevo do Ermo, que se celebrará o vindeiro sábado, 7 de xullo.
Barreiros acolle o vindeiro domingo, 8 de xullo, unha actividade de promoción da lingua galega para a que contará coa presenza de Os Bolechas.
O Concello coloca e estrea estes días nas praias do municipio unha serie de carteis advertindo de posibles desprendementos nos cantís, outros con recomendacións para protexerse do sol e informando da presenza de algas, “que non son lixo e son necesarias para manter o ciclo vital dos areais”, segundo subliñou o alcalde.
En vista de que queda unha praza por cubrir, ampliase o prazo ata o 2 de xullo de 2018 para presentar as solicitudes e participar no proceso selectivo para realizar o servizo temporal de “Salvamento e socorrismo nas praias de Barreiros”
Toda a información e documentación na web municipal no apartado de EMPREGO
O alcalde, Alfonso Fuente, denuncia que as estradas de titularidade provincial en Barreiros están sen limpar e sen desbrozar a unhas horas do inicio da tempada de verán. O rexedor pídelle ao BNG que llo esixan aos seus socios na Deputación de Lugo, en alusión ao PSOE. Fuente Parga tamén responde ás críticas dos nacionalistas sobre a cesión do treito dunha estrada ao Concello.
O Concello instalou esta mañá un posto de socorrismo na praia de Arealonga. Un total de 21 socorristas, 2 técnicos sanitarios, unha ambulancia e dúas zodiacs prestarán os seus servizos do 1 de xullo ao 31 de agosto nos areais barreirenses, nos que haberá dous postos de socorro, un na praia de Coto e outro na de Arealonga.