Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

REALIZADAS OBRAS DE ACCESIBILIDADE E SEGURIDADE NA ESCOLA INFANTIL DE BARREIROS

Fecha de publicación: 
Jueves, 19 Diciembre, 2024 - 09:50

O Concello de Barreiros vén de finalizar as obras de mellora da Escola Infantil Municipal, dotando o edificio dunha rampla de acceso e evacuación, adaptada á normativa de evacuación.

Foto rampla escola infantil de Barreiros

Nas labores de mellora e mantemento do edificio, colocáronse tamén elementos de protección nas aristas do patio exterior e prevese o cambio do chan dunha das aulas para a mellora das condicións da mesma.

A construción da rampla supuxo un investimento de máis de 6.600 euros, realizándose coas condicións de accesibilidade e tamén cumprindo coa normativa para as saídas de emerxencia en caso de evacuación. Deste xeito, dótase ao edificio dunha nova saída máis próxima ás aulas de 0 a 1 anos que se pode evacuar mesmo utilizando os berces móbiles, tal e como se recomenda nos plans de evacuación postos en marcha e realizados tamén durante o curso.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que anualmente estanse a realizar investimentos de mellora no edificio municipal, que comezaron coa legalización da instalación eléctrica no ano 2019 e continúan con obras de mellora; pero tamén con dotación de material educativo e realización de proxectos e formación para o persoal. Ermida destaca o nivel e os servizos que se prestan na Escola Infantil de Barreiros que a converten “nunha referencia para  preto de corenta familias que gozan dun instrumento de conciliación e atención da primeira etapa educativa moi ben valorada.”

A rexedora anuncia tamén que o vindeiro ano prevén levar a cabo o pintado exterior do edificio, que complementaría tamén a renovación da pintura interior que se vai realizando paulatinamente en función da ocupación do edificio.

A concelleira delegada de educación, Montse Porteiro, lembrou que “a Escola Municipal de Barreiros non pecha ningún mes, dando servizo tamén en agosto; polo que os traballos deben ir organizándose de xeito que interrompan o menos posible na actividade do centro.”

 

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PARTICIPAR NO PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS
BARREIROS DÁ COMEZO AO SERVIZO DE SALVAMENTO E SOCORRISMO
O ALUMNDO DO CEIP DE SAN MIGUEL DE REINANTE VISITOU A ETAP DA BARRANCA
BANDO SOBRE NORMAS PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2025
VOLVE O PROGRAMA CULTURAL “A VOLTAS COS CONTOS” DO CONCELLO DE BARREIROS

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte