Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Monólogo para o domingo 20 de setembro nos colexios vellos de San Miguel de Reiante.
Como gran contador de historias e sucedidos na Galiza, Quico Cadaval trae a Barreiros o seu espectáculo Cadaval conta… vacas, guerras, porcos e cregos. Unha forma diminuta do teatro pero das máis chamadas á imaxinación do público, que ten que construír co narrador as imaxes da historia.
VACAS, GUERRAS, PORCOS E CREGOS. Cadaval conta a historia dun antepasado, Xuán o Fino, que era un home bo coa familia, pacífico e bo veciño, amigo de facer favores. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Mais observando o entorno do patriarca, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosos. Son coprotagonistas da historia vacas, curas, mentireiros, sementais, barbeiros , porcos,artistas de cine e militares. Aparecerá o parto dunha vaca, a historia da prohibición da aguillada, o uso do xabrón como silenciador, o brutal acto inseminativo, un militar pasando ferias, as nenas vaqueiras, un crego que domina a Lüger e a retórica, un barbeiro profético, fenómenos extraños na noite de vodas, entre todas as personaxes desta fábula coral, destaca O Ghacheiro, un performer fedello, enredante e pícaro, que fai confluir, para asombro da veciñanza, unha das suas farsas co desembarque de Normandía, o seis de xuño de 1944. O teatro das operacións é a parroquia de Carreira 42º23'33”, xusto enfrente de Boston-Masachusetts.
A actuación terá lugar nos colexios vellos de San Miguel de Reinanteo o domingo 20 de setembro, ás 19:00 horas.
A entrada é gratuíta pero devido as limitacións de aforo (50 persoas), esta deberá ser retirada previamente na Biblioteca Municipal en horario de 9:30 a 14:30 de luns a venres.
Cada persoa poderá solicitar un máximo de 3 entradas e no caso de que, algunha das entradas solicitadas non se vaia utilizar, deberase comunicar e entregar á organización coa maior brevidade posible.