Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do programa educativo “Escola de Familias”, unha iniciativa que busca proporcionar ferramentas e recursos ás familias para afrontar o reto da educación das crianzas. Este ano, o programa desenvolverase en colaboración co colectivo Educando en Familia, e contará cun total de seis obradoiros que terán lugar nos colexios do municipio.
Calendario de obradoiros e temáticas:
Inscricións abertas:
As inscricións para participar no programa xa están abertas. Para formalizala, débese acudir ao Concello de Barreiros. Tamén podedes descargala previamente desde aquí.
A concelleira de educación e igualdade, Montse Porteiro, destacou a importancia deste programa: “A Escola de Familias é un espazo de aprendizaxe, reflexión e intercambio que axuda a construír unha educación máis consciente e respectuosa. Queremos apoiar ás familias no seu labor e fomentar unha sociedade máis igualitaria e afectiva.”
Desde o Concello de Barreiros animamos a todas as familias interesadas a participar nesta iniciativa que ofrece ferramentas útiles e prácticas para afrontar os desafíos educativos actuais.