Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O club de lectura de Barreiros recibirá este sábado a visita do recoñecido escritor Lionel Rexes (afincado no Valadouro) nun encontro cerrado para os usuarios do club de lectura que terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros.
O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
*Só para persoas usuarias do club de lectura de Barreiros