Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros, en colaboración coa Área de Mocidade da Deputación de Lugo, participa na posta en marcha do programa ConVive, promovido por APNED, con sede en Barreiros.
Trátase dun programa de ocio inclusivo que ofrece actividades lúdicas e saídas culturais dirixidas a nenos e nenas, favorecendo espazos de convivencia, participación e igualdade de oportunidades.
8 actividades gratuítas ao longo do ano, en fins de semana e períodos vacacionais
Inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSePEy0jlPBbO3ihFG0k60-nFxBO0sVb...
Prazas limitadas (por orde de inscrición)
As persoas que obteñan praza recibirán a confirmación e a documentación necesaria para formalizar a súa participación.
Primeira saída: 11 de abril – Parque da Vida (Luarca)
Grupo de comunicación coas familias participantes
Non perdas esta oportunidade de desfrutar dun ocio educativo, seguro e inclusivo.