Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

MAIS DE 100 PRAZAS EN IOGA, ZUMBA E JUMPING FITNESS COMPLETAN A OFERTA DEPORTIVA PARA O VERÁN NO CONCELLO DE BARREIROS

Fecha de publicación: 
Viernes, 18 Junio, 2021 - 17:46

O período de inscrición para participar neste programa, “MoVernos no Verán”, comeza o día 21 de xuño.

A oferta deportiva no Concello de Barreiros increméntase nos meses de xullo e agosto con máis de 100 prazas para diversas actividades como ioga, zumba e jumping fitness, tanto para mocidade (de 13 a 17 anos) como para xente adulta (maiores de 18) na que será, segundo Dani García, concelleiro de deportes, “o punto de saída cara a vindeira programación anual de actividades deportivas para todas as idades”.

As actividades terán lugar no pavillón municipal de San Cosme e estarán impartidas por Lorena Díaz e Noemí Ramajo. Terán un prezo de 15 euros ó mes cada unha delas. “Apostamos así por actividades mais novidosas como o jumping fitness, no cal se utilizan camas elásticas para realizar distintas coreografías mediante saltos, e tamén, por actividades máis coñecidas como son zumba e ioga. Todas elas se adaptarán ás distintas idades e cabe a posibilidade de que en días, na que a climatoloxía o permita, as actividades se fagan ao aire libre nos exteriores do pavillón” sinala Dani García.

O luns 21 de xuño abren as inscricións

O período de inscrición estará aberto dende o día 21 ó 28 de xuño e realizárase nas oficinas municipais ou ben a través da sede electrónica do Concello de Barreiros. As prazas estarán limitadas para cada actividade.

“Estas actividades, sumadas ó campamento de verán, o cal completou as 120 prazas ofertadas entre as distintas quendas, e o campus da Fundación Celta de Vigo, completan unha axenda deportiva variada na que se prioriza a asistencia da xente do propio concello pero queremos salientar que tamén están abertas a persoas doutros concellos” apunta o edil de deportes.

Toda a información así como a documentación para formalizar as inscricións estará dispoñible na web aescola.concellodebarreiros.gal

Categorías:

  • Deportes
Otras noticias: 
REUNIÓN ENTRE O SECRETARIO DE ESTADO DE MEDIO AMBIENTE E O CONCELLO DE BARREIROS SOBRE A DEPURADORA DE SAN MIGUEL
O ANTROIDO DA PASO EN BARREIROS Á PROGRAMACIÓN DO MES DE MARZO, “CON M DE MULLERES"
ENTROIDO 2022
A ASOCIACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE BARREIROS RENOVA A SÚA DIRECTIVA
BARREIROS APROBARÁ O PRIMEIRO PLAN DE IGUALDADE PARA O PERSOAL MUNICIPAL DA PROVINCIA DE LUGO

Páginas

  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte