Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros está a levar a cabo labores de desinfección dos colectores de lixo incluíndo unha limpeza exhaustiva do interior e exterior a través da empresa encargada do servizo de recollida e xestión dos residuos sólidos urbanos.
Estes días, o persoal municipal tamén estivo colocando suxeita colectores e construíndo novas bases onde era preciso garantindo así un espazo ordenado e seguro para depositar os residuos.
Desde o Concello estase a traballar para facer un Barreiros máis humano, limpo e coidado e queremos lembrar a importancia de depositar os residuos en bolsas ben pechadas e dentro dos colectores.
Con este pequeno xesto retrasaríase moito a aparición de bacterias e fungos nos colectores que afectan á contaminación cruzada e a seguridade alimentaria.