Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
    • Subvenciones recibidas
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

CURSOS GRATUÍTOS DE AULA MENTOR

Fecha de publicación: 
Miércoles, 29 Octubre, 2025 - 13:22

O Concello de Barreiros, a través da súa Aula Mentor, abre o prazo de inscrición para unha nova convocatoria de cursos formativos en liña, totalmente gratuítos e dirixidos a persoas adultas que desexen mellorar as súas competencias profesionais e dixitais.

O prazo de matriculación manterase aberto ata o 10 de novembro.

As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información na Aula Mentor de Barreiros, a través do telf. 666.87.59.46 ou no correo barreiros@aulamentor.es. As prazas son limitadas e ocuparanse por rigorosa orde de inscrición.

Os cursos, cunha duración aproximada de 60 horas para facer en 2 meses a partir do 12 de novembro, impártense en liña e contarán con titorías personalizadas.

Nesta convocatoria os cursos ofertados son:

  • 01. Linux Unhatched (Cisco): introdución ao sistema operativo Linux e á súa interface de liña de comandos.
  • 02. Introdución a Internet das Cousas (Cisco): coñecemento das tecnoloxías que conectan dispositivos e obxectos intelixentes.
  • 03. Introdución á Ciberseguridade (Cisco): boas prácticas e ferramentas para protexer a privacidade e os datos en liña.
  • 04. Emprendemento Dixital (Cisco): habilidades e competencias para o éxito no entorno laboral do século XXI.
  • 05. Fundamentos de Intelixencia Artificial con IBM SkillsBuild (Cisco): aproximación á IA e aos seus usos actuais en diferentes sectores.
  • 06. Introdución á Ciencia de Datos (Cisco): primeiros pasos na análise e interpretación de datos.
  • 07. Conceptos básicos de redes (Cisco): aprendizaxe dos fundamentos das redes informáticas e da súa estrutura.
  • 08. Iniciación a Salesforce: formación no uso básico desta ferramenta de xestión de clientes (CRM).
  • 09. Administración de Salesforce: aprendizaxe avanzada na configuración e administración da plataforma.
  • 10. Iniciación á Física: fundamentos da cinemática, dinámica e enerxía, ideais para iniciarse nesta disciplina científica.

 

O Concello de Barreiros segue co seu compromiso de ofertar formación continua e en igualdade de oportunidades que permita á veciñanza do rural acceder a programas de aprendizaxe de calidade e sen desprazamentos.

A través da Aula Mentor e da Aula CeMIT de Barreiros búscase reducir  a fenda dixital e fomentar o desenvolvemento persoal e profesional poñendo en igualdade de condicións ás veciñas e veciños de concellos pequenos fronte as persoas das zoas urbanas.

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos
  • Subvenciones recibidas

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte