Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
    • Subvenciones recibidas
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS INICIARÁ NESTE 2026 AS CONEXIÓNS PEONÍS E CICLABLES COAS PRAIAS

Fecha de publicación: 
Miércoles, 7 Enero, 2026 - 08:55

O Concello de Barreiros vén de asinar un convenio coa área de Rural da Deputación de Lugo, que dirixe Dani García, para financiar a creación da primeira fase da senda peonil e ciclable en San Cosme.

A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que se trata dun “proxecto ambicioso e moi demandado que garantirá a seguridade e contribuirá a conectar e crear relacións sociais entre dúas zonas próximas, mais con pouca interacción entre si.”

O proxecto, planteado en varias fases, recolle a conexión dos núcleos de poboación coa zona de praias, actuando nos marxes das estradas provinciais que conectan ambos puntos. Nesta primeira fase, que conta cun orzamento de 529.000 euros, conectarase o centro de San Cosme coa zona do campo de fútbol, desde onde é posible ir por unha vía secundaria cara as praias.

O proxecto inclúe a finalización da apertura dun viario proxectado na zona do Xuncal, así como a creación de zonas de aparcamento. Tamén se prevé a iluminación da senda con balizas solares.

A execución deste proxecto deixaría tamén conectada co centro de San Cosme a zona do pavillón e o futuro apeadeiro do tren que se prevé nesa mesma área. Deste xeito, explica a rexedora, “conéctase o centro da capitalidade municipal, onde recentemente tamén se renovou a parada de autobús e anteriormente se crearon novas zonas de ocio e esparexemento a carón do colexio, con zonas de moita actividade, como a do pavillón municipal ou a propia zona de praia. E realízase esta conexión dun xeito seguro, nunha vía que, especialmente na época de verán conta con moita afluencia tanto de tráfico como de persoas.”

O deputado de Rural e concelleiro en Barreiros, Dani García, manifestou a “satisfacción por contribuír desde a Deputación a mellorar os espazos públicos en Barreiros, aportando seguridade e facendo do noso concello un lugar máis amable para as persoas, con mellores servizos e contribuíndo ao dinamismo social.”

A idea do goberno municipal é continuar esta senda ata conectala coas beirarrúas existentes e tamén estender estas actuacións ao resto de parroquias costeiras. Nese sentido, avanzan, xa contan co proxecto para darlle continuidade a esta senda e para a que se executaría en San Miguel.

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos
  • Subvenciones recibidas

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte