Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS INCREMENTARÁ A CAPACIDADE DO ABASTECEMENTO DE AUGA CON OBRAS EN REDE, BOMBEOS E DEPÓSITOS

Fecha de publicación: 
Viernes, 20 Diciembre, 2024 - 11:27

As obras financiaranse por medio dun convenio asinado co área de Rural da Deputación, que tamén inclúe a redacción dun proxecto para a substitución das tubaxes principais entre o depósito de San Caetano e o da Folgueirosa.

Ana Ermida, Montse Porteiro e Dani García no depósito de Folgueirosa

O Concello de Barreiros vén de asinar un convenio coa área de Rural da Deputación co que poderá afrontar obras coas que se busca incrementar a capacidade da rede de abastecemento. Ao mesmo tempo, e cun claro obxectivo de mirar cara ao futuro, realizarán o proxecto para a substitución das tubaxes principais que unen o depósito de cabeceira en San Caetano co depósito da Folgueirosa, o principal na distribución da zona norte do municipio.

A alcaldesa, Ana Ermida, destaca a importancia deste investimento “que vén a dar continuidade ao esforzo que se está realizando en adecuar, neste caso, o servizo de abastecemento de auga ás necesidades actuais; pero, sobre todo, coa vista posta no futuro.” A rexedora explica que “todo o traballo que se realiza faise pensando no desenvolvemento deste concello, planificado e intentando anticiparse ás situacións que poden darse. Non renunciamos ao crecemento e ao desenvolvemento de Barreiros, é máis: cremos e apostamos por el; pero non pode tirarse cara adiante sen unha planificación e hipotecar a quen veña detrás.” Fai deste xeito referencia á situación coa que se atoparon nos servizos básicos á súa chegada ao goberno, “cuns servizos sobrepasados, non dimensionados ás necesidades e que afectan ao normal desenvolvemento municipal.”

No convenio asinado prevese, ademais da redacción do proxecto, un total de 21 actuacións; entre as que destacan a impermeabilización do depósito de Merille -un depósito cuxa capacidade estaba arredor dun 10% da prevista polas importantes perdas de auga que tiña-, que servirá como punto intermedio de acopio para auga potable; a substitución das acometidas públicas nas vivendas sociais de San Cosme -que están realizadas en ferro e sobre as que non se actuou desde a súa instalación, co deterioro que iso supón-  e a substitución de tramos de tubaxes existentes en fibrocemento que, pola antigüidade das mesmas, acumulan importantes fugas e afectan ao abastecemento.

A concelleira de Saúde Pública, Montse Porteiro, explicou que “estas obras son cuestións fundamentais para optimizar o funcionamento do sistema e dan continuidade a outras actuacións que se foron realizando nos últimos anos, como a impermeabilización do depósito da Barranca, a substitución de chaves de paso en tubaxes ou o cambio de traxectos do subministro; que permitiron reducir notablemente a perda de auga tratada que había no momento en que chegamos ao goberno, cando só se aproveitaba arredor do 10% da auga que se trataba, co que iso supón de perda tanto a nivel ecolóxico como económico.”

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PARTICIPAR NO PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS
BARREIROS DÁ COMEZO AO SERVIZO DE SALVAMENTO E SOCORRISMO
O ALUMNDO DO CEIP DE SAN MIGUEL DE REINANTE VISITOU A ETAP DA BARRANCA
BANDO SOBRE NORMAS PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2025
VOLVE O PROGRAMA CULTURAL “A VOLTAS COS CONTOS” DO CONCELLO DE BARREIROS

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte