Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
    • Subvenciones recibidas
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS FINALIZA OBRAS DE MELLORA NO ABASTECEMENTO DAS PARROQUIAS COSTEIRAS

Fecha de publicación: 
Jueves, 20 Junio, 2024 - 13:50

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e a concelleira de Saúde Pública, Montse Porteiro, visitaron hoxe a finalización e posta en marcha das obras que se estiveron realizando nos últimos meses no abastecemento de auga. En concreto, achegáronse ao depósito da Folgueirosa, situado en San Cosme, e desde o que se abastece ás parroquias costeiras.

Durante a visita comprobaron a instalación de novas chaves no depósito que veñen a substituír ás existentes con máis de 30 anos, e a posta en marcha dunha nova tubaxe que permitirá mellorar a chegada de auga potable á costa en momentos de máxima demanda.

A alcaldesa explicou que “estas obras son só unha parte das que se realizarán nos próximos meses, despois de ter realizado un exhaustivo estudo da situación do abastecemento e das posibilidades existentes.” Deste xeito, a rexedora acadou o compromiso da área de Rural da Deputación de Lugo para afrontar o cambio de bombas de impulsión que mellorarán os caudais que se poden obter e tamén para a redacción dun proxecto de obra para a substitución da tubaxe principal entre San Caetano e a Folgueirosa, “que sería a solución óptima para a mellora do abastecemento costeiro”, explica.

A concelleira delegada, Montse Porteiro, anunciou que “este investimento é unha primeira mellora que decidimos levar adiante ao ser a tecnicamente posible neste momento, xa que o resto de investimentos a realizar requiren dun maior tempo e complexidades técnicas que fan necesario contar con proxectos de execución.” Neste sentido, anunciou que o investimento realizado con estas obras supera os 10.700 euros; “pero o investimento previsto nos vindeiros meses para lograr unha mellora importante é de máis de 50.000 euros cunha substitución das bombas de impulsión que permitirán duplicar o caudal que chega ás tubaxes en épocas de máxima demanda, mellorando así o servizo de abastecemento en domicilios.”

Porteiro sinalou que desde finais do verán pasado tiveron numerosas reunións técnicas e de coordinación, tanto con persoal propio como externo,  para pór sobre a mesa a problemática e analizar as distintas alternativas, tendo en conta a situación de inicio e as posibilidades temporais e económicas. Neste sentido, explicou que “o traballo desenvolto é continuo e vanse realizando as actuacións segundo é posible coa intención de ir poñendo en marcha melloras que acumuladas, aporten unha melloría cuantitativa e cualitativa ao servizo.”

Segundo os datos que se manexan a día de hoxe, en base aos estudos que continúan realizándose, o investimento a realizar para lograr unha mellora substancial e a medio prazo do servizo sería de arredor de 5.000.000 de euros, que o goberno municipal tratará de obter doutras administracións unha vez que conten cos documentos técnicos definitivos.

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL
A AULA CEMIT DE BARREIROS ACOLLERÁ O EXAME COMDIX DE NIVEL INICIACIÓN
BARREIROS LANZA A LICITACIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO TELECLUB DE SAN COSME
BARREIROS INICIARÁ NESTE 2026 AS CONEXIÓNS PEONÍS E CICLABLES COAS PRAIAS

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos
  • Subvenciones recibidas

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte