Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
    • Subvenciones recibidas
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS CONTA CON NOVOS SOCORRISTAS NAS PRAIAS DESDE ONTE. EN TOTAL 17 E 2 TÉCNICOS TRABALLAN DE LUNS A VENRES E 19 E 2 TÉCNICOS AS FINS DE SEMANA. O ALCALDE AGARDA PODER INCORPORAR ALGÚN MÁIS.

Fecha de publicación: 
Miércoles, 12 Julio, 2017 - 09:51

O servizo de Salvamento e Socorrismo de Barreiros conta dende onte con catro socorristas máis durante a semana e dous novos para as fins de semana. O alcalde, Alfonso Fuente, lembra que de luns a venres 17 socorristas e 2 técnicos velan pola seguridade dos bañistas nas praias de Barreiros e 19 socorristas máis 2 técnicos traballan as fins de semana. O rexedor agarda poder contar con algún máisen datas próximas e subliña que o servizo está a funcionar moi ben debido á súa implicación e á distribución polos areais.

Fuente Parga manifestou que “o venres pasado remataba un curso en Lugo de salvamento e socorrismo no que os rapaces que terminaban xa podían acceder ao certificado de profesionalidade, e polo tanto inscribirse no Rexistro da Xunta para poder traballar como socorristas. Contactamos con eles e onte, luns, xa se incorporaban á plantilla catro socorristas máis que sumado aos dous que se incorporan os fins de semana, xa estamos coa plantilla cuberta nos fins de semana e seguimos buscando algún máis para aumentala de cara á semana”.

O alcalde dixo: “parece que estes días xa nos vai acompañar o tempo, que ven bo tempo e se vai poder disfrutar das praias, e imos xa cubrir practicamente todas as praias con socorristas. Estes días en función da marea e do día que estaba, se ían atendendo todas as praias para que non houbera ningún problema. A partir de onte xa catro socorristas máis están a traballar no noso concello, e dous máis que se incorporan os fins de semana, que é cando máis afluencia de visitantes temos na costa”.

Alfonso Fuente declarou que “seguimos contactando con outros rapaces dos que remataron o curso, e espero que tamén os outros concellos que tiñan problema poidan completar precisamente as súas plantillas de socorristas con este curso. Foi un curso que remataba o venres e inmediatamente puidemos facer a xestión e tamén a Xunta se implicou en axilizar todos os trámites para que onte puideran xa incorporarse ao traballo”.

O rexedor barreirense lembrou que “agora temos 17 socorristas pola semana máis os dous técnicos, e os fins de semana son 19 máis os dous técnicos. Os fins de semana con respecto ao ano anterior nos faltaría 1 nada máis, e pola semana nos faltarían 3 con respecto ao 2016. Ao mellor antes do día 15 podemos incorporar algún máis”.

O alcalde de Barreiros subliñou que “dada a distribución, a implicación e o traballo que están a facer a verdade é que están intentando cubrir todo e que non haxa ningún problema ademais con garantías”.

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos
  • Subvenciones recibidas

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte