Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Este mediodía, desde a Praza do Concello, a veciñanza barreirense alzou a voz contra a violencia machista nun acto para lembrar que en Barreiros non hai espazo para as violencias contra as mulleres.
Montse Porteiro, concelleira de igualdade, foi quen lle deu lectura á declaración institucional remarcando un sentir e compromiso firme coa igualdade real, coa dignidade das mulleres e cun rexeitamento rotundo de todas as violencias machistas.