Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS AFRONTA O IMPERMEABILIZADO DE POZOS DE REXISTRO DO SANEAMENTO PARA EVITAR INFILTRACIÓNS NAS DEPURADORAS

Fecha de publicación: 
Martes, 17 Diciembre, 2024 - 11:10

Os traballos estanse a realizar pola empresa Canalis, que actúa en 14 rexistros nos que se detectaron filtracións de augas limpas durante a auditoría do saneamento.

O Concello de Barreiros continúa cos traballos de mellora do sistema de saneamento e depuración, de cara a optimizar o seu funcionamento e corrixir as deficiencias que levan anos arrastrándose. “Tras ter realizado unha auditoría de todo o sistema no ano 2023, detectáronse deficiencias nas que se está a traballar durante todo o ano. Unha das máis importantes era a cantidade de augas limpas que estaba a recollerse na rede de saneamento, impedindo así o correcto funcionamento das estacións de bombeo e depuración”, explica alcaldesa, Ana Ermida.

En dita auditoría sinaláronse un total de 25 deficiencias importantes, das que 23 quedarán subsanadas neste ano; despois da impermeabilización dos 14 pozos de rexistro. Estes traballos, xunto coa renovación do colector do barrio das Carriceiras, en Reinante, supuxeron un investimento de preto de 50.000 euros, que foron financiados ao abeiro do Plan Deputación do 2024.

O concelleiro de Medio Ambiente, Dámaso Ratoeira, sinala que “estes traballos, xunto co investimento permanente que se está a realizar en depuradoras como a do San Bartolo, supoñen melloras moi substanciais na depuración de augas residuais en Barreiros; un aspecto no que, ata a chegada deste goberno municipal, non se estaba a investir nada desde a posta en marcha do mesmo a finais dos anos noventa e principios dos 2000.”

Ermida insiste na importancia destas labores e pon en valor o esforzo do goberno municipal nos investimentos que se realizan en servizos básicos, como o abastecemento ou o saneamento, que “aínda que non luzan á vista son a base fundamental de calquera Concello que aposte por un desenvolvemento real e acorde cos servizos existentes.”

“Rompemos cun xeito de actuar de tratar de esconder os problemas e crer que o que vai por debaixo da terra non é importante. Cada euro que se inviste en auga potable ou xestión de saneamento e depuración é calidade de vida para a veciñanza que ten que ter uns servizos acordes coa demanda que existe. Por iso, o esforzo deste goberno municipal é inmenso, porque non só hai que afrontar a situación presente; senón que temos que estar corrixindo as actuacións do pasado”, conclúe. 

   

 

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PARTICIPAR NO PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS
BARREIROS DÁ COMEZO AO SERVIZO DE SALVAMENTO E SOCORRISMO
O ALUMNDO DO CEIP DE SAN MIGUEL DE REINANTE VISITOU A ETAP DA BARRANCA
BANDO SOBRE NORMAS PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2025
VOLVE O PROGRAMA CULTURAL “A VOLTAS COS CONTOS” DO CONCELLO DE BARREIROS

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte