Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
    • Subvenciones recibidas
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

ABERTO O PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE OFERTAS PARA A RENOVACIÓN INTERIOR E EXTERIOR DA CAFETERÍA DO CENTRO SOCIAL DE SAN COSME

Fecha de publicación: 
Jueves, 24 Abril, 2025 - 14:28

O Concello de Barreiros saca a licitación das obras de mellora por un importe de 54.088,33 euros.

O prazo para a presentación de ofertas finaliza o 13 de maio ás 15 horas.

O Concello de Barreiros ten aberta a licitación das obras para a mellora e dotación da cafetería do Centro Social de San Cosme, nas que se inclúen obras interiores, exteriores e equipamento de mobiliario de cociña. Poderán presentarse ofertas ata o vindeiro 13 de maio ás 15 horas e toda a información do procedemento está dispoñible na Plataforma de Contratación do Estado, no perfil do Concello de Barreiros.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata dunha “intervención practicamente na totalidade do local para poder dotalo das condicións esixidas aos locais abertos ao público, garantindo a seguridade e hixiene tanto das persoas usuarias como das explotadoras do negocio.”

Ermida lembra que “o investimento é ambicioso e que requiriu da elaboración de proxectos para adecuar as instalacións existentes ás obrigas que ten que cumprir calquera local deste tipo e que tratándose dun local de titularidade municipal non é de recibo que non cumpra con normativas e condicións que se esixen universalmente.”

Obras exteriores, interiores e mobiliario.

As obras exteriores, destinadas fundamentalmente á eliminación das humidades existentes, inclúen entre outras cuestións a impermeabilización da fachada, así como a retirada da lousa que a recubre para substituíla por un novo material que mellore a eficiencia enerxética, a execución dunha nova cuberta con illamento térmico e o cambio das portas de acceso.

As obras interiores consistirán na adecuación das instalacións de fontanería e electricidade á normativa existente, substitución de luminarias e dotación de auga quente. Inclúese así mesmo, o pintado completo do local.

A maiores, e de cara a cumprir co fin previsto, dotarase ao local do mobiliario de cociña e electrodomésticos adecuados ao uso profesional do mesmo.

As obras teñen un prazo de execución máximo de 4 meses e, unha vez realizadas, poderá poñerse en marcha o procedemento para a explotación do local polas persoas interesadas.

O custo total da intervención supera os 54.000 euros, que son financiados mediante o Plan Deputación cunha aportación de 48.500 euros e o Concello de Barreiros, con cargo a fondos propios.

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
FALTAN 7 DÍAS PARA VIVIR O GRAN CAMIÑO EN BARREIROS
UNANIMIDADE NA CORPORACIÓN DE BARREIROS EN CALIFICAR DE INSUFICIENTE A APORTACIÓN DA XUNTA AO SAF
O CONCELLO DE BARREIROS PARTICIPA NA POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA CONVIVE
BARREIROS PRESENTA A CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS
O CONCELLO DE BARREIROS VÓLCASE DE NOVO CO SURF BASE

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos
  • Subvenciones recibidas

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte