O Concello de Barreiros colabora co CF CeltaBarreiros e as charangas Os Macanudos e Habelas Hainas na organización da II Festa do Cocido que se celebrará o vindeiro sábado, 23 de febreiro. Terá lugar no polideportivo de San Cosme e dará comezo ás 21:30 horas.
O obradoiro ‘Serra da Cadeira V’ acondiciona o albergue de Gondán, en Barreiros, e mellora o camiño e distintos espazos en Trabada, Mondoñedo e Lourenzá.
O alcalde, Alfonso Fuente, mantivo esta mañá varias xuntanzas de traballo en Fitur. Unha delas foi coa axencia Pilgrim para tentar incrementar o número de peregrinos que pasen por Barreiros e que pernocten no seu albergue.