Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros a respecto da "nova normalidade":
Tras a publicación no DOG do sábado da normativa da Xunta para o fin do estado de alarma en Galicia e a partir de hoxe, a espera de poder coñecer a analizar pormenorizadamente a regulación e condicións para a prestación de servizos nos concellos e asegurar que desde o Concello de Barreiros se poden prestar con todas as garantías esixidas, as instalacións municipais de uso público como locais sociais, instalacións e pistas deportivas e parques infantís continuarán pechados ao uso por non ter garantida a posibilidade de reaperturalos coas condicións sanitarias esixidas.